NO PARQUE DE CAMPO LAMEIRO
«Traballar en arqueoloxía» itinerará por toda España
S. C.
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro acollerá ata o vindeiro 22 de xaneiro de 2012 a exposición fotográfica itinerante «Traballar en Arqueoloxía» coordinada polo Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas, e desenvolta ao abeiro do proxecto ... ACE ( Archaeology in Contemporary Europe ) coa financiación da Unión Europea no marco do Programa Cultura 2007-2013.
A exposición, con fotos do belga Pierre Buch, tenta romper cos tópicos existentes sobre a arqueoloxía e amosar unha imaxe diferente da práctica arqueolóxica actual. Ao longo de 2012, «Traballar en Arqueoloxía» viaxará por toda a xeografía española con estadías en Sevilla, Altamira (Santillana del Mar), Santiago de Compostela e Madrid.
Na inauguración estarán presentes o director do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, Manuel Rey, e o director do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consello Superior de Investigacións Científicas, Felipe Criado, entre outros arqueólogos e especialistas técnicos.
Unhas 30 fotografías tomadas en sete países europeos distintos, Reino Unido, Francia, Bélxica, Grecia, Alemaña, Italia e España, conforman esta mostra que persegue ilustrar todas as dimensións das prácticas arqueolóxicas e romper cos estereotipos da arqueoloxía tradicional. A exposición forma parte do Proxecto europeo ACE ( Archaeology in Contemporany Europe ), que busca promover a arqueoloxía contemporánea a escala europea, ensalzando a súa dimensión cultural, científica e económica. Os grandes temas que abordan as fotografías céntranse na excavación, rexistro, análise e revelación dos bens arqueolóxicos.
A mostra ofrece unha imaxe fresca e moderna que recolle tanto xacementos como diferentes actividades ou prácticas do traballo arqueolóxico cotián, tomando moi en conta a dimensión humana desta profesión. O encargado de realizar estas fotografías foi o belga Pierre Buch, con máis de 30 anos en fotografía arqueolóxica e cun importante número de publicacións e exposicións individuais.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para registrados
Iniciar sesiónEsta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete