Suscribete a
ABC Premium

Unha web a golpe de correo postal

A nova web «Portal de ditados tópicos galegos», presentada onte, recompila nunha base de datos case 4.000 rexistros de alcumes, xentilicios, refráns, coplas e cantares de todo o territorio galego. O buscador do portal permite a localización por categorías, por texto libre ou pola ... localidade á que se refiren estas entradas. Este proxecto é froito dun convenio firmado entre o Instituto da Lingua Galega e a Fundación Camilo José Cela, que permitíu dixitalizar as fichas do Dicionario Xeográfico Popular de España, impulsado polo escritor. A modo de anécdota, boa parte do traballo desenvolveuse a través da distribución de máis de 25.000 cuestionarios que os carteiros repartiron nas súas respectivas demarcacións. Nos formularios preguntábase polo nome dos naturais da localidade, se coñecían alcumes ou se sabían refráns relacionados con estes nomes.

Artículo solo para suscriptores

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comparte esta noticia por correo electrónico
Reporta un error en esta noticia