teatro
Clásicos do cinema mudo
O Salón Teatro compostelano acollerá esta fin de semana a estrea do espectáculo «Sesión nº1», en dúas funcións
A. RODRÍGUEZ
A compañía teatral O fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumiera debutará esta fin de semana no Salón Teatro da capital galega coa estrea do seu espectáculo «Sesión número 1». Unha ambiciosa proposta que combina teatro, música e celuloide e que desempolva clásicos da era do ... cinema mudo, con copias orixinais de 16 milímetros, botando man de rolos dentados e dun proxector con máis de 50 anos en funcionamento.
As sesións terán lugar o próximo sábado ás 20.30 horas e o domingo ás 18 horas e nelas presentaranse os clásicos «Viaxe ao paraíso», do actor e director Harold Loyd, «Unha semana» de Buster Keaton e sketchs e trucos visuais propios desta época. Todo isto estará aderezado cun acompañamento musical en directo, a medio camiño, segundo apuntan os seus organizadores, «entre a improvisación e a comicidades explícita dos efectos sonoros». A obra narra a historia dos irmáns Lumieira, fillos dun galego emigrado a Francia a finais do século XIX. Será o actor Carlos Meixide o encargado de interpretar o papel protagonista, ao poñerse na pel do irmá maior. Xunto aos seus irmáns, trasladarase a Galicia para transportar nos seus caixón a que deron en denominar «maxia do cinematógrafo».
Mostra itinerante
Por outra banda, hoxe venres chegará á cidade de Santiago de Compostela a mostra itinerante de Cine Europeo en Ruta coa proxección do filme «Hombre», do francés Yann Arthus-Bertrand. Baixo o lema «Nuestro cine da que hablar», o ciclo cinematográfico incluirá, unha vez concluida a proxección da película, un coloquio sobre ostenibilidade no que participarán os eurodeputados Francisco Millán (PP), Antolín Sánchez Presedo (PSOE) e Ana Miranda (BNG).
O ciclo continuará o vindeiro sábado día 28 de abril coa proxección das películas «Exit through the gift shop», de Bansky, e con de «El esfuerzo y el ánimo», da directora Arantxa Aguirre.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para registrados
Iniciar sesiónEsta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete