Suscribete a
ABC Premium

aniversario de cunqueiro

O retorno de Ulises

No centenario do seu nacemento, Álvaro Cunqueiro, segue a alumear as letras galegas cos seus versos, novelas, artigos e variadas frores literarias saídas da súa pluma

O ano de Cunqueiro ARQUIVO ABC

manolo do río

En breve cumpriranse os cens anos: é que Álvaro Patricio Cunqueiro Mora naceu o 22 de decembro de 1911 na episcopal vila de Mondoñedo, fundida nun val entre montañas como unha cunca. Sobre o escenario solemne de vila pequena e antiga catedral, coas ensoñacións ecoantes ... no fondo das fantasías do bispo Antonio de Guevara, desenvólvese o telón da xuventude de Cunqueiro, fillo tamén dun boticario e nun contexto, polo tanto, que fará de acumulador de fábulas e historias entretecidas polos curandeiros que pasaban polo local paterno, e que semearon un groso humus do que despois medraron as prantas fabulosas, exóticas e colosais do maxín cunqueirián: Pensamos en obras como Escola de Menciñeiros (1960), Xente de aquí e de acolá (1971) ou Tertulia de boticas prodigiosas y Escuela de curanderos (1976).

Artículo solo para suscriptores

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comparte esta noticia por correo electrónico
Reporta un error en esta noticia