Convocan o Premio Fonseca de Divulgación Científica
ABC/ E. P.SANTIAGO. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consorcio da Cidade, ao amparo do Programa ConCiencia de conferencias de distinguidos co Nobel e outros galardóns equivalentes
ABC/ E. P.
SANTIAGO. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Consorcio da Cidade, ao amparo do Programa ConCiencia de conferencias de distinguidos co Nobel e outros galardóns equivalentes noutras disciplinas, convocan o I Premio Fonseca de Divulgación Científica que pretende incentivar a ... transmisión do coñecemento científico, a través das posibilidades que ofrecen os medios de comunicación e/ou mediante o desenvolvemento de novos métodos, entre a cidadanía.
O reitor da USC, Senén Barro, afirmou onte que se pretende que este sexa un premio «absolutamente singular» e que coloque a Santiago de Compostela «como referente» no século do coñecemento e a tecnoloxía. Así mesmo, apuntou que esperan propostas de candidatos que son referentes internacionais na difusión dos coñecementos científicos, aínda que puntualizou que iso «non significa que non poida haber persoas de Galicia ou de España».
Os candidatos a recibir este galardón poderán ser persoas acredoras dunha destacada traxectoria no ámbito da divulgación científica dirixida ao público en xeral mediante unha utilización eficaz das posibilidades que ofrecen os medios de comunicación e/ou mediante o desenvolvemento dos métodos innovadores de divulgación científica.
Tamén poderá recoñecerse a persoas que pola súa actividade supoñan «un referente público» que estimule o coñecemento e/ou o desenvolvemento tecnolóxico nalgún ámbito.
Senén Barro, quen inicialmente prefería non se pronunciar sobre posibles candidatos para non dar a entender que o premio está orientado cara a algún gañador, finalmente exemplificou o perfil dos posibles candidatos na figura do popular astrónomo e divulgador científico de Estados Unidos Carl E. Sagan, quen presentou o programa televisivo «Cosmos: Unha viaxe persoal».
O reitor aclarou que este científico «non pode ser recoñecido», xa que o premio non se pode conceder a título póstumo -o galardoado debe ofrecer unha conferencia en Santiago de Compostela-.
Vinculado a ConCiencia
A proposta de candidaturas, acompañadas pola documentación pertinente que xustifique os méritos da proposta, deberá ser presentada ante os rexistros dos campus universitarios compostelano e lucense da USC antes das 14.00 horas, facendo constar no sobre «Programa ConCiencia-Candidatura» ao Premio Fonseca de Divulgación Científica.
Precisamente, na presentación onte das bases deste premio, tanto o reitor como o presidente do Consorcio de Santiago e alcalde compostelano, Xosé Sánchez Bugallo, coincidiron en resaltar que este premio se crea vinculado ao «interesante, exitoso e ambicioso programa ConCiencia».
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete