NO SEU 175 ANIVERSARIO
Rosalía de Castro convértese en imaxe da marca de auga Cabreiroá
D. G.
A Fundación Rosalía de Castro celebrará en 2012 o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. Unha data que teñen previsto conmemorar con distintos actos de recordo da autora de Cantares gallegos , como a presentación da edición especial de Cabreiroá que pretende ... reflexar e divulgar a figura deste referente cultural e que poderá adquirirse a través da páxina web de Cabreiroá a partir do próximo xoves, día 1 de decembro.
A botella, de formato litro e medio, ten un atractivo deseño estilo pop-art co rostro da escritora en cores vivos e un lema representativo da súa filosofía como artista que vén dun dos seus poemas: «Infeliz el que vive sin soñar». Esta xoia en forma de botella, ademáis, vén acompañada dun marcapáxinas co que poder disfrutar da lectura da obra desta representativa autora galega.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para registrados
Iniciar sesiónEsta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete