Vinte anos de ruta a Compostela
Unha mostra conmemora en San Martín Pinario as últimas dúas décadas de historia do Camiño
A. RODRÍGUEZ
O Camiño de Santiago, referente cultural en toda Europa, converterase durante este mes tamén en protagonista da exposición «Xacobeo, 20 anos de Camiño» que onte se presentou no mosteiro de San Martín Pinario. O obxectivo desta mostra, impulsada polo departamento de Cultura da Xunta, é ... facer un percorrido expositivo polos fitos que marcaron o devir deste fenómeno cultural durante as últimas dúas décadas.
Segundo explicou o conselleiro do ramo durante a inauguración do proxecto, «a mostra percorre os logros do Xacobeo en cada un dos seus piares fundamentais, como son a promoción nacional e internacional, o fomento da producción e consumo da cultura, a restauración e posta en valor dos Camiños e a atención ao peregrino a través de rede de albergues». Catro bases que conforman o que os organizadores da iniciativa non dubidaron en considerar coma «un fenómeno universal que se convertiu na mellor carta de presentación da nosa terra perante o mundo».
O punto de saída desta ruta a través do tempo vén marcado pola creación da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. O ente, dependente do Goberno autonómico, que dende 1991 —e de cara ao Ano Santo de 1993— protagoniza os traballos de dinamización e posta en valor deste patrimonio histórico esquencido durante séculos. Así, o primeiro apartado da mostra que se lle propón ao visitante céntrase na dotación de servizos e rutas habilitadas para os camiñantes que emprenden esta andadura dende os numerosos trazados existentes. A segunda das paradas fai especial fincapé na edición do Códice Calixtino en galego, mentres que no terceiro paso se recordan os proxectos expositivos postos en marcha arredor deste fenómeno de masas. Ao fin do camiño, distintos materiais audivisuais sintetizarán a evolución deste eixe cultural.
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para registrados
Iniciar sesiónEsta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete