Suscribete a
ABC Premium

Un total de 18 programas que beneficiarán a 4.150 persoas

E. P. RODRÍGUEZ-SOMOZA

VIGO. Centros de acollida, de atención a persoas sen recursos, con drogodependiencia, mulleres vítimas da prostitución, comedores sociais, formación e empresas de inserción e a infancia máis desfavorecida, son os colectivos obxecto da IV convocatoria de axudas a proxectos sociais de Caixa Galicia. En total 206.000 euros, que destinados a 18 iniciativas, esperan beneficiar a 4.150 persoas en situación de vulnerabilidade.

Así o explicou onte en Vigo -no Centro dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres-, o director da Obra Social de Caixa Galicia, Manuel Aguilar, encargado de presentar aos premiados da nova edición, na que se tivo moi en conta a súa actividade no eido da pobreza e da exclusión social a nivel autonómico.

Segundo os datos achegados polas entidades seleccionadas, estas xestionan un total de 15 millóns de euros anuais e contan con 325 empregados e máis 1.850 voluntarios. Deste xeito, a caixa pon a disposición destas unha ferramenta máis para desenvolver os obxectivos estratéxicos de acción social da propia entidade, que xa anunciou a súa forte aposta no presente exercicio por axudar aos máis desfavorecidos e impulsar todos aqueles proxectos que primen a atención a colectivos especialmente afectados pola crise.

En palabras de Aguilar: «Caixa Galicia está fortemente comprometida coa sociedade galega e, como non pode ser doutro xeito, nesta época marcada por circunstancias adversas e por situacións moi precarias para moita xente estao moito máis».

En base ós últimos datos recabados pola Enquisa de Condicións de Vida 2008, Galicia é a oitava comunidade en canto a número de habitantes que viven por debaixo do albor da pobreza -representando o 21 por cento da poboación galega-, cifras que se dispararon en 2009 segundo as organizacións que prestan servizos de asistencia social. Para o pai Donaire do Centro dos Irmáns Misioneiros dos Enfermos Pobres -unha das entidades seleccionadas-, «esta debe ser unha preocupación de toda a sociedade».

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación