Hazte premium Hazte premium

O blog do Código Técnico da Edificación do COAG, un referente

O Colexio de Arquitectos de Galicia será recoñecido pola súa iniciativa innovadora

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) será recoñecido cunha mención especial do concurso Innovación nos Servizos Colexiais, convocado polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, no marco das actividades programadas para o Congreso de Arquitectos de España, que se celebrará en Valencia do 1 ao 3 de xullo.

Coa aprobación do CTE en 2006, o COAG adoptou a determinación de dar a maior cobertura informativa posible, coa consecuente formulación de dúbidas e interpretacións que xurdirían no colectivo galego, así como facilitar a adaptación ao novo marco normativo do traballo dos arquitectos.

Ante os cambios derivados da nova normativa, o COAG implementou unha infraestrutura completa de servizo aos seus colexiados con asesoría, documentación e aplicacións informáticas, creou un grupo de Asesores do CTE, adaptou o seu programa de memorias2 e editou un blog para procurar a correcta aplicación do Código técnico. Os novos soportes e ferramentas contribuíron a mellorar notablemente a coordinación de visado de proxectos das sete delegacións galegas.

O grupo de Asesores-CTE naceu en outubro de 2006 con sete arquitectos baixo a coordinación técnica de Alberto Escobar. Unha parte do traballo foi preparar ao equipo con cursos e actividades sobre o CTE o que, unido a múltiples reunións de posta en común de criterios, serviron para satisfacer as demandas dos colexiados.

A web da Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos (www.coagvigo.es) tamén recibiu unha mención especial do mesmo concurso. Deseñada por Juanjo Seixas e editada polos arquitectos Jordi Castro e María González, mostra diferentes contidos interactivos, onde se atopan todo tipo de informacións sobre o mundo da arquitectura, exposicións e eventos do Colexio e novidades arquitectónicas e urbanísticas de Vigo.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación