Suscribete a
ABC Premium

A viúva de Vidal Bolaño converte a súa homenaxe nun acto político

Desaira a Feijóo e á RAG e lamenta que uns manifestantes queden fóra do teatro

A viúva de Vidal Bolaño converte a súa homenaxe nun acto político efe

P. ALCALA

Falouse na proxección ao comezo da vida e obra de Roberto Vidal Bolaño. Da súa liberdade e o seu compromiso coa lingua. Falouse de teatro, de valentía e de letras galegas. Pero cando Belén Quintáns enxugou as bágoas da emoción, avisou aos oíntes: «Non ... sei se falar do que quero falar ou do que debo por tratarse dun acto da Xunta». E dito isto, deu fe de que si sabía. Entre as súas primeiras verbas, o desplante ao presidente: «Que diría Roberto se vise dando o discurso homenaxe a quen representa todo contra o que loitou!», dixo , antes de lamentar que un grupo de actores (en realidade fóra do teatro berraban vinte preferentistas e cinco manifestantes con nariz vermello) non estivese dentro do teatro. Pero os seus lamentos tamén chegaron a outro dos presentes na mesa, o presidente da Real Academia, Xesús Alonso Montero, en forma de protesta por non poder contar no acto co «presidente Ferrín» , ao que atribuíu a capacidade de falar con propiedade da obra do seu marido, cousa que descartou dos que ían facelo. Alonso Montero recolleu a luva e desculpouse por non ser experto na obra do dramaturgo, aínda que logo fixo unha bela exposición do «extraordinario dun home que entroncaba co teatro culto de Brecht e coas raíces de Cunqueiro».

Artículo solo para suscriptores

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comparte esta noticia por correo electrónico
Reporta un error en esta noticia