día das letras galegas
Entre o teatro e as finanzas
d. domínguez
O pasado 11 de setembro cumpríronse dez anos do pasamento de Roberto Vidal Bolaño. Que a Real Academia Galega tomase a decisión de dedicarlle o Día das Letras apenas se acadou o prazo estipulado da década para conceder o galardón dá unha idea da relevancia ... que lle outorga a institución ao dramaturgo, autor, actor e director de obras referenciais do teatro galego como «Laudamuco, señor de ningures», «Agasallo de sombras» ou o monólogo sobre o teatro de Galicia «Caprice des Dieux». Ademais, é unha das pezas claves na construción dunha estrutura teatral galega, por veces moi relacionada co movemento nacionalista, que o levou a xogar un papel destacado como fundador do Centro Dramático Galego.
A vida de Vidal Bolaño foi un círculo que se abriu e se pechou despois de 52 anos en Santiago de Compostela. Nado no barrio obreiro de Vista Alegre, desde ben pequeno tivo que compaxinar os seus estudos e a súa vea artística desenvolvendo oficios relativos ás finanzas. É así como con só 12 anos comeza a traballar como administrativo nun taller de recambios de automóbiles para ir recalando en outras empresas coma unha pequena tenda ou unha axencia de viaxes. Paralelamente a estes compromisos laborais, a fascinación que lle produce o cinema e o teatro van facendo que medren no Roberto mozo as inquedanzas artísticas e culturais. Viuse obrigado a ser autodidacta, pois a Escola de Cine de Madrid na que quixo ingesar pechou as súas portas antes de que el entrase.
A pesar de que chegou a confesar que a súa arela sempre fora ser director de cine, a inexistencia dunha industria audiovisual consagrada e de garantías en Galicia frustrou o seu soño. Pola contra, viu no teatro o xeito perfecto de expresar a súa concepción da realidade e da interpretación. Esta sorte de frustración provoca que o teatro de Vidal Bolaño beba da cinematografía en aspectos coma a ruptura do tempo e os espazo na representación, do mesmo xeito que o fixo participar nunha chea de proxectos audiovisuais con ben diversas funcións. Desde a ideación dos proxectos e o guión ata a interpretación, o modesto gremio existente en Galicia contou co talento desbordante do compostelán.
Mais non é xusto lembrar a Vidal Bolaño sen facer o propio con Abrente, a xeración de dramaturgos galegos que se deron a coñecer nas mostras de teatro de Ribadavia, cuxo nome provén da asociación cultural organizadora das xornadas. Entre as figuras que se poden destacar desta promocíon de talento están Xosé Agrelo Hermo, Euloxio Ruibal, ou Francisco Taxes.
Entre o teatro e as finanzas
Esta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete
Esta funcionalidad es sólo para registrados
Iniciar sesiónEsta funcionalidad es sólo para suscriptores
Suscribete