O tesouro inédito de Aguirre
Coñecían a Aurelio Aguirre como o «Espronceda galego» - abc

O tesouro inédito de Aguirre

Un manuscrito con 50 poemas do poeta galego Aurelio Aguirre apareceu nos fondos do Museo de Pontevera. A obra literaria mercouse fai 25 anos a un veciño de Santiago

Actualizado:

Aurelio Aguirre Galarraga (Santiago de Compostela, 1833—A Coruña, 1858) foi un poeta galego, en lingua castelá, do Rexurdimento, considerado por amigos e compañeiros da época como o «Espronceda galego», debido á influencia que o escritor español do Romanticismo exerceu na súa obra.

Século e medio despois da súa morte, o nome de Aurelio Aguirre volve a soar entre a sociedade galega. Un manuscrito inédito, con 50 poemas de puño e letra do escritor santiagués, foi atopado nos fondos do Museo de Pontevedra. Unha noticia de alcance para as letras galegas e para o romanticismo español.

Segundo afirma o director da editora Alvarellos, e autor do achádego, Quique Alvarellos, Aurelio Aguirre é «un dos grandes esquecidos da cultura galega». Que vexa a luz este libro, do que realmente coñecían a existencia varias persoas, é un fenómeno enriquecedor para as letras da Comunidade. «Eu o que fixen foi "exhumalo" como editor. O libro levaba 25 anos no Museo de Pontevedra, dende que a entidade o mercara a un coleccionista particular de Santiago, no ano 87», relata Alvarellos.

O responsable desa compra foi o actual director do Museo, Carlos Valle. Así foi como o libro chegou ata alí. No 1995, Xosé Filgueira Valverde, que fora director do museo e naquel momento, era o presidente do Consello da Cultura Galega, faloulle da existencia deste libro a un profesor e investigador de Rianxo, Ramón Torrado. Este descubridor, fai un ano escribíu un artigo nun xornal dixital, onde revelaba que, certamente, aquel manuscrito descansaba no museo provincial. Alvarellos púxose en contacto con el, e sabedor de que ningún outro editor se interesara por dito tesouro, acudiu ao museo para «deshumar» o libro. Ademáis, solicitou a dixitalización íntegra dos textos, para estudalos, comprobar se en realidade eran de Aguirre ou non, datalos, etc.

Agora, a editora Alvarellos encargarase de elaborar unha edición crítica da obra. A profesora Olivia Rodríguez-Tudela xa se está a volcar no estudo dos textos, de cada poema, para sacar as súas propias conclusións. Ata o de agora, puido comprobar que no libro existen poemas inéditos, en torno a uns 10 ou 15 do total das 50 composicións que conforman a edición. Hai outros que xa foron publicados na única obra coñecida de Aurelio Aguirre, «Poesías selectas»; e os últimos, que tamén foran publicados, pero que neste volumen aparecen recollidos con lixeiras variacións dos textos que se coñecían ata o de agora. A labor de Alvarellos centrarase en averiguar o por qué desta versión distinta, que fai pensar que puideron existir modificacións alleas e posteriores. Un exemplo disto, é o do poema do famoso «brindis» do Banquete de Conxo, agora descuberto con algunha modificación.

Tamén traballará neste relanzamento, Xurxo Martínez González, un filólogo experto na obra de Aguirre. Esta é a maneira na que o libro sairá «da súa toupeira» 25 anos despois.