Internacional

null

Hemeroteca > 30/12/2009 > 

Cultura presenta o borrador da nova lei de bibliotecas que se aprobará no 2010

S. C.SANTIAGO. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu onte a primeira reunión do novo Consello de Bibliotecas de Galicia. Na sesión de pola mañá quedou definida a composición

Actualizado 30/12/2009 - 03:02:33
S. C.
SANTIAGO. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presidiu onte a primeira reunión do novo Consello de Bibliotecas de Galicia. Na sesión de pola mañá quedou definida a composición deste organismo coa incorporación dos novos vogais designados polo Parlamento e polo Consello da Cultura Galega. En concreto, a Comisión Cuarta de Educación e Cultura do Parlamento designou a María Antonia Pérez Rodríguez, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, Gerardo Marraud González e Carmen Varela Prado. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega nomeou a Helena Villar Janeiro. Nesta primeira reunión presentouse o borrador da nova lei de bibliotecas que a Consellería de Cultura prevé aprobar a finais de 2010. Ábrese agora un prazo de 3 meses para que os membros do Consello de Bibliotecas de Galicia realicen as súas aportacións.
O marco lexislativo adecuaráse ás necesidades da biblioteca pública e procurará garantir á sociedade servizos bibliotecarios de calidade. Segundo o informe presentado, os cambios producidos nas bibliotecas nos últimos 20 anos fan que a vixente lei de 1989 quede superada pola nova realidade bibliotecaria.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.