Galicia

null

Hemeroteca > 30/07/2006 > 

Autoridades locais e académicas de Portugal interésanse polo Mupega

D.GSANTIAGO. Un grupo de autoridades locais, docentes e estudantes portugueses visitaron esta semana o Museo Pedagóxico de Galicia, co fin de coñecer de cerca as características e actividades

Actualizado 30/07/2006 - 03:02:53
D.G
SANTIAGO. Un grupo de autoridades locais, docentes e estudantes portugueses visitaron esta semana o Museo Pedagóxico de Galicia, co fin de coñecer de cerca as características e actividades organizadas pola institución, de cara a implantar unha iniciativa similar en Portugal. O grupo, procedente do municipio de Paredes, estaba composto polo presidente da Cámara Municipal do Concello, o concelleiro de Educación e Cultura da mesma institución, a profesora de Historia da Educación da Universidade de Porto e directora do máster Patrimonio educativo e herdanza cultural, Margarita Louro, e unha representación de alumnos do citado máster.
Os portugueses coñeceron as instalacións do Mupega e o seu proxecto museolóxico, museográfico e científico da man do coordinador científico do centro, Vicente Peña Saavedra. Con esta visita, o grupo pretendía non só coñecer de preto a organización e características do museo, senón que ademais buscaba asesoramento para a próxima organización do II Foro Ibérico de Museísmo Pedagóxico, cuxa primeira edición se celebrou en Santiago de Compostela en novembro de 2001.
O número de visitantes ao Museo Pedagóxico de Galicia desde a súa creación a finais do ano 2004 ascende a 13.494. Durante este tempo, foron moitos os que se interesaron polo proxecto desenvolto. O museo recibiu visitas de importantes personalidades no eido da educación, procedentes de institucións académicas de distintos lugares da xeografía española, e mesmo do estranxeiro.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.