Galicia

null

Hemeroteca > 29/06/2008 > 

As Medallas Castelao 2008 recaeron en Inmaculada Paz, Zumalave e Carrabouxo

«As tres persoas galardoadas coas Medallas Castelao 2008 representan, nos seus distintos campos de traballo e actuación, maneiras de contribuír á construcción dunha sociedade e dun país dos que

Actualizado 29/06/2008 - 11:18:32
EFE  Inmaculada Paz Andrade, Maximino Zumalave e o «Carrabouxo»
EFE Inmaculada Paz Andrade, Maximino Zumalave e o «Carrabouxo»
«As tres persoas galardoadas coas Medallas Castelao 2008 representan, nos seus distintos campos de traballo e actuación, maneiras de contribuír á construcción dunha sociedade e dun país dos que Castelao se sentiría orgulloso». Así o subliñou onte ao mediodía o titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante o acto de entrega das Medallas Castelao 2008, que nesta edición recaeron en Inmaculada Paz Andrade, Maximino Zumalave e Xosé Lois González, O Carrabouxo, «tres magníficos traballadores da investigación, da música e do xornalismo gráfico», aseverou. O político socialista cualificou a Inmaculada Paz Andrade como unha traballadora «meticulosa e incansable», unha investigadora vocacional e como unha muller «comprometida sempre cunha Galicia mellor». De Maximino Zumalave destacou o máximo mandatario autonómico a súa achega á modernización e europeización da escena musical galega e a súa excelencia «en canto a músico e director de orquestra». Por último, salientou o xefe do Executivo autónomo a contribución de Xosé Lois González, «O Carrabouxo» á renovación do humor galego «desde a continuidade da tradición de Castelao e outros grandes mestres».
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.