Galicia

null

Hemeroteca > 28/11/2007 > 

«Polo menos agora os xuíces lerán as miñas demandas» Xosé Manuel Pacho Blanco _ Escritor

POR EVARISTO AMADOSANTIAGO. Fala e fala sobre Bolaño, Vila-Matas, Barceló, Vian...-Martínez de Pisón, Freixanes, Manuel Rivas, Caneiro, Luisa Castro, José María Merino... Despois da concesión do

Actualizado 28/11/2007 - 02:46:16
POR EVARISTO AMADO
SANTIAGO. Fala e fala sobre Bolaño, Vila-Matas, Barceló, Vian...
-Martínez de Pisón, Freixanes, Manuel Rivas, Caneiro, Luisa Castro, José María Merino... Despois da concesión do Torrente, un galardón de prestixio a nivel nacional, ¿seguirá primando a súa carreira coma avogado ou volcaráse na súa faceta de escritor?
-Non sei que dicir... Nos últimos días seguín indo ás clases que dicto na Universidade e onte tiven un xuízo. Necesito ter uns días libres para pensar que farei. O premio hai que poñelo na súa xusta medida. Polo menos agora os xuíces lerán as miñas demandas.
-¿Decidiu que o mellor xeito de presentar a súa ópera prima era a través dun premio?
-Sería unha insesantez pensar en facer unha novela coma esta, tan rupturista, para presentala a un premio.
-«A choiva do mundo». ¿Como chegou a este título?
-Ten que ver coa idea das historias cotiás, da realidade de todos nós. A choiva serve de metáfora do sentimento que move o mundo. A música é o rumor do mundo.
-Unha «aposta literaria de vangarda», resume o fallo do xurado. ¿Que é exactamente «A choiva do mundo»?
-Conta a historia dun editor xubilado, que ao longo da súa vida foi recollendo textos de creación sobor de certo sentido sobre a vida. Resume aquela sensación estrana, tan desasosegada, que temos os galegos coa realidade. Dentro atópanse e mestúranse novelas truncadas, microrrelatos, guións cinematográficos, poesía, crítica literaria, artigos xornalísticos, monólogo teatral. É un xogo que tenta trascender a idea clásica de novela. É unha novela que se nega a sí mesma. Ata o punto de que ten títulos de crédito e banda sonora: ópera, rap en portugués, Battiato, Aute, Tom Jobim...
-¿Por que escolleu un modelo tan heterodoxo de novela?
-Seguimos escribindo coma Lorca, coma Faulkner...; con excepcións hai moito diso. Non hai novas fórmulas de creación literaria na novela. Gustánme autores dinámicos, non recorrer ás fórmulas anquilosadas de sempre. Coma Millás, que ultimamente fai sempre o mesmo libro. Gústame un artista coma Miquel Barceló, os seus «Cadernos de África»: un autor que recupera as tres dimensións nunha folla.
-A crítica di...
-Teño a costume de non ler o que se escribe de min.
-¿É un traballo de longo percorrido, ou chegoulle de súpeto?
-Non me atrevo a dicir canto tempo tardei en escribila, porque exactamente non o sei. Entre oito meses e un ano, diría que oito meses. Foi pechar unha fase da miña vida, rematei poemarios a medio pechar e outros traballos que tiña iniciados.
-A organización do Torrente permítelle escoller ao gañador unha editorial na que editar a obra á marxe do prelo da Diputación coruñesa. ¿Sabe xa cal será a que lanzará a novela?
-Chamáronme cinco veces de Galaxia, e tamén de Xerais. A decisión aínda está no aire. Intentarei que se publique en galego e logo en castelán. Quero intentar que saia, posteriormente, tamén en inglés e francés.
-¿Foi «A choiva do mundo» a súa primeira produción literaria?
-Tiña feito algo de poesía, traduccións. Rematei a sección Song of Myself de Follas de herba, de Walt Whitman. Agora tratarei de que tamén poidan ser publicadas. Levo tres anos intentándoo, pero estando fóra dos círculos literarios... Tiña pudor por entrar, pertenzo ao mundo da avogacía. Algún amigo xornalista e outra amiga, que fixeron de correctores dalgunhas probas, preguntábanme por que me metía nesta lea.
-¿Cambioulle a vida?
-Un recluso envioume unha carta de puño e letra á oficina. Estranoume ver a estas alturas unha carta de puño e letra descoñecidas. Abrina. Era un antigo cliente, recluso no cárcere, que me pedía unha novela. Viu no xornal a noticia do premio e quería que lle enviara un exemplar. Bo tema para unha novela, ¿non?
O premiado X. Manuel Pacho quéixase de que apenas hai novas fórmulas de creación literaria na novela
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.