Galicia

null

Hemeroteca > 28/06/2008 > 

Política Lingüística e o Consorcio clausuran o obradoiro de dobraxe

ABCSANTIAGO. O Consorcio Audiovisual de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (Apradoga) clausuraron onte o

Actualizado 28/06/2008 - 02:48:57
ABC  Fernando Salgado e Marisol López, onte en Compostela
ABC Fernando Salgado e Marisol López, onte en Compostela
ABC
SANTIAGO. O Consorcio Audiovisual de Galicia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (Apradoga) clausuraron onte o obradoiro de dobraxe e lingua. O curso aglutinou dous módulos independentes, o primeiro dirixido a directores/as, tradutores e lingüistas con experiencia contrastada na dobraxe e, o segundo, para actores e actrices de dobraxe que teñan esta como a súa profesión principal.
Na súa intervención, o secretario xeral de Comunicación e presidente do Consorcio Audiovisual de Galicia, Fernando Salgado, salientou que o curso supuxo un «éxito». Así referiuse á elevada demanda para participar no obradoiro, posto que se recibiron 130 solicitudes e se formou a preto de 40 alumnos. En segundo lugar destacou o perfil de alta cualificación dos participantes ao que engadiu o prestixio e capacitación dos docentes que impartiron o obradoiro. Por último, subliñou a relevancia da iniciativa, xa que sitúa á dobraxe como ferramenta de normalización da nosa lingua.
Na clausura do obradoiro, Fernando Salgado estivo acompañado pola secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; Gaspar Somoza, vicepresidente da Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia; e Ramón Novo, asesor lingüístico de producción allea da TVG, entidades promotoras da iniciativa.
Coidar a lingua
A Secretaria Xeral de Política Lingüística, Marisol López, valorou a iniciativa, ao tempo que animou aos participantes a «seguir coidando a lingua». Así, dixo que este tipo de iniciativas «incrementan os produtos audiovisuais en lingua galega e apoian a formación dos profesionais para mellorar a calidade lingüística dos produtos que se desenvolven en Galicia». Neste sentido, reafirmou o compromiso do departamento que dirixe cos proxectos desenvolvidos desde o Consorcio Audiovisual de Galicia.
Esta iniciativa enmarcase na acción que o Consorcio Audiovisual de Galicia vén desenvolvendo coas distintas asociacións profesionais que congregan os directores e actores de dobraxe (Aisge e Apradoga).
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.