Galicia

null

Hemeroteca > 28/05/2009 > 

«A flor máis grande do mundo», segue a colleitar éxitos

R. G.SANTIAGO. A produtora executiva da curtametraxe dirixida polo premiado Juan Pablo Etcheverry, Chelo Loureiro recolleu o pasado sábado 23 de maio, o Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción ou

Actualizado 28/05/2009 - 02:47:44
R. G.
SANTIAGO. A produtora executiva da curtametraxe dirixida polo premiado Juan Pablo Etcheverry, Chelo Loureiro recolleu o pasado sábado 23 de maio, o Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción ou Animación no Festival Internacional de Cinema Ecolóxico e da Natureza de Canarias.
A curtametraxe, baseada nun conto do Premio Nobel portugués José Saramago, conta coa composición musical de Emilio Aragón e a voz do propio Saramago, que, con motivo da participación da curtametraxe neste festival dixo as seguintes palabras: «Hai cousas que parecen nacer sen sorte e durante anos están esquecidas ata que, non se sabe por que, comeza o tempo da súa vida».
Poderiase dicir que «A flor máis grande do mundo», o libro, naceu para ser, moitos anos despois, esta película, para así percorrer o mundo e estar hoxe no Festival de Cine Ecolóxico e da Natureza de Canarias coa mesma mensaxe que nos ensina o neno: «Todos podemos facer «A flor máis grande do mundo», basta ter vontade», en palabras de José Saramago.
Con este galardón, xa que foi nomeada en 2008 a Mellor Curtametraxe de Animación nos Goya, suma outro gran éxito nopercorrido por festivais que inclúen certames relacionados co medioambiente (Tokyo Global Environmental Film Festival, Anchorage International Film Festival) e outros xenéricos coma Animabasauri, Fantasporto, ou Chicago Short Film Festival, entre outros.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.