Galicia

null

Hemeroteca > 27/09/2007 > 

O tradutor creado por un alumno galego permite pasar dunha lingua a outra documentos de Word

EPSANTIAGO. O tradutor «Traducíndote» creado por un alumno do Instituto de Educación Secundaria Chan do Monte de Marín (Pontevedra) permite a partir de agora pasar dunha lingua a outra documentos de

Actualizado 27/09/2007 - 02:58:27
EP
SANTIAGO. O tradutor «Traducíndote» creado por un alumno do Instituto de Educación Secundaria Chan do Monte de Marín (Pontevedra) permite a partir de agora pasar dunha lingua a outra documentos de Microsoft Word e estrea páxina web. Segundo informou a Consellería de Educación, esta ferramenta permite traducir documentos «Abiword» -procesador de textos libre-, «Latex» -procesador de textos libre para composición tipográficas mediante comandos Tex-, e MySQL -sistema xestor de base de datos-.
O tradutor, que antes unicamente traducía documentos de Open Office e outros formatos de «software» libre, agora facilita a tradución, en ambas as dúas direccións, dos pares de linguas galego-castelán, catalán-castelán, portugués-inglés e catalán-inglés. «Traducíndote» libérase con licenza GPL, o que permite copialo, modificalo e distribuilo de xeito libre e gratuíto, polo que pode ser implantado en calquera outra web e intranet. Este proxecto conta cunha nova web -www. traducindote. com-.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.