Gente

Gente&Estilo

Hemeroteca > 22/08/2009 > 

O Consorcio Audiovisual traslada as curtas galegas ata Canadá

ABCSANTIAGO. A colaboración entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a embaixada de España en Canadá posibilitará a participación das curtametraxes galegas nunha mostra cinematográfica en Ottawa

Actualizado 22/08/2009 - 02:50:27
ABC
SANTIAGO. A colaboración entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a embaixada de España en Canadá posibilitará a participación das curtametraxes galegas nunha mostra cinematográfica en Ottawa. Dentro do programa de actos culturais para o ano 2009 que organiza a embaixada de España en Canadá, está prevista a proxección dun ciclo de curtametraxes das diferentes comunidades autónomas do estado español, subtituladas ao inglés, como parte dunha acción de promoción e difusión da produción cinematográfica da comunidade.
O Consorcio Audiovisual de Galicia, dentro das súas labores de difusión do audiovisual galego que realiza a través do seu programa de internacionalización, participará nestas proxeccións coas curtametraxes incluídas en Curtas 09, a sexta de edición do catálogo de promoción das curtametraxes galegas que edita este organismo. O catálogo está formado polas catro curtametraxes máis representativas da comunidade galega no ano 2008. Tres foron elixidas por unha comisión de selección formada por expertos, e o cuarto, é o Premio do Público á mellor Obra de Animación no Festival de Cans.
Deste xeito, consíguese que o catálogo reflicte tanto os gustos do público como que conteña un abano de xéneros (documental, ficción y animación) para a súa promoción internacional. As curtametraxes galegas que se proxectarán son The Werepig, de IB Cinema, unha curtametraxe de animación dirixida por Sam Ortí que está sendo premiada en numerosos festivais nacionais e internacionais. Mínimo Común Múltiplo, de Rubén Coca, que foi candidata na pasada edición dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego; Por Nada, de Ficción Producciones e dirixida por Dani de la Torre e Toni Veiga; e Bata por fóra (muller por dentro), unha curtametraxe documental de Claudia Brenlla que está a sobresaír nun grande número de festivais.
As proxeccións das curtametraxes terán lugar os días 25, 28 e 31 de agosto, estando o día 25 centrado nas curtametraxes de Galicia. Ditas proxeccións realizaranse no Auditorio da Biblioteca e Arquivos de Canadá, en Ottawa, que é a sala na que se realizan practicamente todos os festivais cinematográficos nesa cidade.
O evento nace con vocación de continuidade, posto que xa se está estudando realizar a mostra novamente o ano próximo, así como ampliar as proxeccións a outras cidades do país como Montreal, Toronto ou Vancouver e, por outra banda, estase a analizar a posibilidade de acompañar dita mostra cun encontro de profesionais para traballar a vertente máis económica e de negocio.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.