Galicia

null

Hemeroteca > 22/03/2009 > 

Política Lingüística apoia as coleccións en galego adicadas a empresa e teatro

ABCVIGO. Incentivar a edición en lingua galega de textos especializados, para dar así resposta ás demandas de públicos diferentes, é o obxectivo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística se

Actualizado 22/03/2009 - 02:48:26
ABC
VIGO. Incentivar a edición en lingua galega de textos especializados, para dar así resposta ás demandas de públicos diferentes, é o obxectivo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística se marcou cando decidiu financiar a posta en marcha de dúas novas coleccións de libros, que se deron a coñecer en senllos actos realizados en Vigo. Alí presentáronse as traducións ao galego dos volumes Cuestión de pervivencia. As empresas españolas ante a tormenta perfecta, de Enrique de la Rica; e Máis vale previr... tamén nas empresas, de Carlos López Navaza.
O encargado das traducións dos dous textos foi Carlos Ramos Santos. Con estes títulos, arranca a colección Empresas, posta en marcha pola Escola de Negocios Caixanova e Andavira Editora e financiada por Política Lingüística. Editáronse 1.000 exemplares de cada unha destas obras, destinadas preferentemente a empresarios, profesionais e a posgraduados e estudantes de terceiro ciclo.
Por outra parte, deuse a coñecer a Biblioteca ESAD Textos, un proxecto no que participan Política Lingüística, a editorial Galaxia e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Trátase neste caso dunha serie dedicada a obras teatrais universais traducidas ao galego, que se pon en marcha con tres volumes: un agrupa Calígula e O malentendido, de Albert Camus; outro é A Electra acáelle o loito, de Eugene O´Neill; e un terceiro reúne as pezas Cartas de amor a Stalin, Himmelweg; e A paz perpetua, de Juan Mayorga. Os encargados de facer as traducións foron Inma López Silva, Laura Sáez e Xosé Manuel Pazos, respectivamente. Cada unha destas edicións incorpora un estudo introdutorio elaborado por un especialista.
No acto no que se deu a coñecer a biblioteca de textos teatrais en galego, a secretaria xeral, Marisol López, dixo que «con esta colección poñemos á disposición dos lectores, dos actores e actrices e dos directores teatrais o material de traballo de partida para poder levar aos escenarios, en galego, obras de autores recoñecidos en todo o mundo».
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.