Galicia

null

Hemeroteca > 15/07/2008 > 

O grupo Sog gaña o Proxecto Runas

O Escenario Runas´08 xa ten gañadores. Os castelán leoneses de Sog fixéronse, de forma maioritaria, co favor do público congregado no palco de tarde do Festival Ortigueira, o espazo reservado para a

Actualizado 15/07/2008 - 02:43:27
O Escenario Runas´08 xa ten gañadores. Os castelán leoneses de Sog fixéronse, de forma maioritaria, co favor do público congregado no palco de tarde do Festival Ortigueira, o espazo reservado para a promoción de grupos folk noveis. Os votos dos folkies asistentes aos concertos sitúan á banda directamente no Escenario Estrela Galicia do 2009, ese é o premio.
O repertorio do grupo, integrado por músicos procedentes de estilos diferentes, combina composicións propias e cancións tradicionais de León, Asturias, Galicia ou Irlanda. En once anos de traxectoria, conseguiu forxarse un estilo propio, o «estilo sogano» -orixinal e festivo- baseado na fusión de músicas de diferentes procedencias e culturas.
A propostas de Sog, que ten publicados dous discos, Trisca (2005) e «0505» (2007), resultou finalmente o gañador de entre as 45 que se presentaron ao concurso de bandas non noveis ou non consolidadas que organiza o Festival Ortigueira. Durante a fin de semana do Festival actuaron os sete finalistas, competindo por seducir un público que respondeu mellor que nunca.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.