Galicia

null

Hemeroteca > 12/05/2007 > 

O xornal «A Voz de Vilalba» chega en edición facsimilar

D. G.LUGO. A cita é hoxe a partir das sete da tarde. O escenario, Vilalba, en Lugo. Alí presentaráse a edición facsimilar do xornal «A Voz de Vilalba», publicación que viu a luz na capital chairega

Actualizado 12/05/2007 - 03:06:05
ABC  Mario Paz, Moncho Paz e Paulo Naseiro, equipo de redacción
ABC Mario Paz, Moncho Paz e Paulo Naseiro, equipo de redacción
D. G.
LUGO. A cita é hoxe a partir das sete da tarde. O escenario, Vilalba, en Lugo. Alí presentaráse a edición facsimilar do xornal «A Voz de Vilalba», publicación que viu a luz na capital chairega entre 1983 e 1986. O acto celebraráse na Casa da Cultura, e contará coa presenza do antigo equipo de redacción, integrado polo xornalista Moncho Paz, o sociólogo Paulo Naseiro, e o profesor de ensino medio Mario Paz, que estarán acompañados por José Luis Novo Cazón, presidente do Instituto de Estuchos Chairegos (Iescha) e por Felipe Debasa Navalpotro, profesor e investigador da Universidad Rey Juan Carlos (URJC) de Madrid, as dúas entidades que promoveron a publicación do volume.
A edición facsimilar de «A Voz de Vilalba» -en galego e en castelán- correu a cargo da Editorial Dykinson, sendo incluida na colección «Ciencias Xurídicas e Sociais». Os exemplares distribuiránse polas librarías de Madrid e Galicia, onde se porán á venda ao prezo de vinte euros. Pero, ademais, coincidindo coa celebración deste evento, sairá un número especial conmemorativo de «A Voz de Vilalba», que se entregará a tódolos asistentes.
A edición desta publicación contou coa colaboración da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo. O limiar do volume é de Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. O estudo introductorio da edición facsimilar consta de varios capítulos, redactados polo escritor e filósofo Antón Baamonde; por Chema González Barcia, actual alcalde de Burela e que naquela época exercía a docencia en Vilalba; por Felipe Debasa, investigador da URJC, que analiza a prensa local galega na era pre-internet; e polos membros do equipo de redacción da publicación, que aportan a súa propia visión daqueles anos e da súa experiencia no capítulo «De como un día decidimos emular a Lou Grant».
Esta iniciativa logra rescatar do esquecemento un xornal que recolleu nas súas páxinas moitos anacos da vida de Vilalba e dos vilalbeses daqueles anos. «A Voz de Vilalba» chegou a contar cunha tiraxe de cincocentos exemplares e 150 subscritores fixos, entre os que se atopaban ilustres vilalbeses coma Manuel Fraga, Antonio María Rouco Varela, Xosé María García Leira, Suso Gayoso, e Fernando Martínez González, o que fora asesor de González Laxe na súa etapa como presidente da Xunta de Galicia. Outros subscritores que recibían puntualmente a publicación nos seus domicilios eran Ramón Piñeiro, Celestino Fernández de la Vega e Rosa Cal Martínez, profesora de Historia do Xornalismo na Universidade Complutense de Madrid.
Neste acto, por cadrar en vésperas da celebración do Día das Letras Galegas, o Iescha doará aos asistentes ao mesmo un marcapáxinas coa impresión da efixie e dun poema da homenaxeada, María Mariño.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.