Galicia

null

Hemeroteca > 11/12/2006 > 

A secretaria xeral de Política Lingüística acude á presentación do cedé «Pensando nelas»

ABCSANTIAGO. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asistirá hoxe, na Casa de Galicia de Vitoria, á presentación do CD «Pensando nelas», unha selección de vinte poemas de autoras

Actualizado 11/12/2006 - 11:02:36
ABC  Marisol López
ABC Marisol López
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, asistirá hoxe, na Casa de Galicia de Vitoria, á presentación do CD «Pensando nelas», unha selección de vinte poemas de autoras galegas de distintas xeracións promovido polo lectorado de lingua e cultura galegas e polo Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco.
A iniciativa partiu do propio lectorado hai agora seis anos, cando con motivo do Día das Letras Galegas se organizou un recital poético. Tras esa primeira experiencia xurdiu a idea de materializar nun soporte dixital unha escolma da poesía galega feita por mulleres para achegar a nosa lingua e a nosa cultura ao País Vasco, un dos cometidos dos Centros de Estudos Galegos dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os poemas están recitados por Pilar Corcuera e Ángela Serna, e van acompañados pola música do grupo vasco de música celta Sokaire. Pura Vázquez, Xohana Torres, Luz Pozo, Pilar Pallarés, Ana Romaní, Chus Pato, Xela Arias ou María Xosé Queizán son algunhas das autoras cuxas obras están presentes no disco, co que se conmemora ademais o décimo aniversario da presenza da lingua, a literatura e a cultura galegas na Universidade do País Vasco.
No acto de presentación deste traballo estarán presentes, ademais de Marisol López, o vicerreitor de Relacións Institucionais do País Vasco, David Lasagabaster, o decano da Facultade de Filoloxía e responsable do Centro de Estudos Galegos, Joseba Lakarra, a lectora de galego, Isabel Mociño e representantes da viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco.
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.