Galicia

null

Hemeroteca > 09/05/2008 > 

Un obradoiro de dobraxe e lingua afonda no plan de formación dos profesionais

ABCSANTIAGO. O Consorcio Audiovisual de Galia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (Apradoga) convocan un obradoiro de

Actualizado 09/05/2008 - 11:33:02
O Consorcio Audiovisual de Galia, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe de Galicia (Apradoga) convocan un obradoiro de dobraxe e lingua. O curso consta de dous módulos independentes, o primeiro dirixido a directores/as, tradutores e lingüistas con experiencia contrastada na dobraxe; e o segundo, para actores e actrices de dobraxe que teñan esta como a súa profesión principal.
O obradoiro terá un carácter teórico-práctico. Ademais das presentacións teóricas que fagan os docentes, intentarase reproducir as condicións de traballo para experimentar coa práctica e as dificultades que se presenten para confrontar opinións e posteriormente aportar solucións ou liñas de traballo que as emenden.
Así mesmo, farase un estudo polo miúdo de cada unha das fases da produción da dobraxe nos aspectos vencellados á interpretación e á lingua e prestaráselle atención especial á fonética, á entoación e á voz.
Os dous bloques
O obradoiro para directores de dobraxe, tradutores e lingüistas persegue, dun lado, xerar un grupo multidisciplinar que solvente os distintos problemas que se presentan no desenvolvemento cotiá desta actividade, e que tire proveito da experiencia única de profesionais con máis de vinte anos de oficio ás costas.
O obradoiro para actores e actrices de dobraxe pretende incorporar as solucións adoptadas á dobraxe mediante o estudo e asimilación do inscrito.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.