Galicia

null

Hemeroteca > 07/10/2006 > 

Arranca con grande éxito a nova serie galega «Maridos e Mulleres»

R. G.SANTIAGO. O xoves estreouse na Galega a súa nova aposta de ficción en prime time para esta temporada. A serie «Maridos e Mulleres», unha produción de A Galega en coprodución con Zenit e

Actualizado 07/10/2006 - 03:24:56
R. G.
SANTIAGO. O xoves estreouse na Galega a súa nova aposta de ficción en prime time para esta temporada. A serie «Maridos e Mulleres», unha produción de A Galega en coprodución con Zenit e Continental, obtivo uns espléndidos resultados de audiencia na súa estrea, obtendo un share medio de 18´9.
Esta cifra sitúase 4´6 puntos por enriba da media da cadea, no que é o día de maior competencia -xoves- dada a coincidencia de horario con Cuéntame (serie coa que TVE adoita subir o seu share do prime time case 10 puntos) e Gran Hermano (Tele 5).
«Maridos e Mulleres» obtivo unha audiencia media de 190.000 espectadores, acadando unha audiencia acumulada de 505.000 espectadores. Así, chegou a situarse no liderato do prime time entre as 22:15 e as 22:30 cun 21,1 de share.
A serie conta, en tono de comedia e con certos toques de suspense, a vida dun grupo de mulleres no entorno dunha urbanización, así como as relacións coas súas familias e todos os habitantes da mesma. A serie acadou especial aceptación en targets novos (por exemplo os nenos, cun 24,8 %) e no target máis comercial (entre os 25 a 44 anos, cun 18,9%), o que supón un especial éxito para A Galega.
O amplo elenco da serie está integrado por actores como Laura Ponte, Dorotea Bárcena, Maxo Barjas, Mónica Caamaño, Cristina Pascual, Pedro Alonso, Fernando Acebal, Julio Pereira, Dami Contreras, Martiño Rivas e Brais Abad, etc.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.