Galicia

null

Hemeroteca > 02/03/2010 > 

A poetisa Yolanda Castaño presenta unha nova entrega do verme Punver

ABCSANTIAGO. A Biblioteca Fundación Caixa Galicia en Santiago acollerá hoxe a presentación do libro «Punver de volta», escrito por Yolanda Castaño e coas ilustracións de Eduardo Hermida. No acto

Actualizado 02/03/2010 - 12:01:53
A Biblioteca Fundación Caixa Galicia en Santiago acollerá hoxe a presentación do libro «Punver de volta», escrito por Yolanda Castaño e coas ilustracións de Eduardo Hermida. No acto estará presente a mesma autora, que irápresentando os poemas aos rapaces mentres o ilustrador Eduardo Hermida vai mostrando e explicando como fixo o seu traballo para este libro.
O vermiño Punver saltou á fama no 2007, cando, de forma inesperada, as súas aventuras coáronse no «top ten» do ránking de vendas de libros en galego. Ante tal éxito, a editorial Galaxia decidiu encargar unha segunda entrega á poeta Yolanda Castaño e ao pintor Eduardo Hermida. O resultado é «Punver de volta», un conto-poema de 34 estrofas, con máis de vinte ilustracións destinado a nenos e nenas sen límite de idade.
As ilustracións do libro foron elaboradas por Hermida de forma totalmente artesanal, botando man do debuxo e o collage. «Fíxenas coas mesmas ferramentas que utilizan os nenos pequenos aos que dou clase no meu estudo; con rotuladores, tesoiras, recortes de revista, cinta adhesiva», asegura o ilustrador.
Yolanda Castaño é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión. Trasladouse en 1990 á cidade da Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores até que, grazas ao Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, «Elevar as pálpebras» (Espiral Maior, 1995). No 1998, publica «Delicia» (Espiral Maior, 1998).
Foi merecedora do Premio Johán Carballeira polo seu terceiro poemario, «Vivimos no ciclo das Erofanías», que tamén obtivo o Premio da Crítica Española en 1998, publicado por Espiral Maior nese ano e dous anos despois en edición bilingüe por Huerga&Fierro. Eduardo Hermida cursa estudos de debuxo publicitario na Escola de Artes Pablo Picasso de A Coruña. É profesor de escaparatismo e durante seis anos traballou para a Federación Galega de Comercio. Actualmente é profesor de debuxo e pintura.
Búsquedas relacionadas
  • Compartir
  • mas
  • Imprimir
publicidad
Consulta toda la programación de TV programacion de TV La Guía TV

Comentarios:
PUBLICIDAD
Lo último...

Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U.