TEATRO

Cee convértese en escenario

SANTIAGO Actualizado: Guardar
Enviar noticia por correo electrónico

Hoxe continuará na vila coruñesa de Cee a vixésimoterceira edición da Mostra de Teatro. Este evento, xa clásico nos veráns da vila, destaca pola súa variedade na proposta de correntes escénicas. Así, durante toda a semana poderase desfrutar unha programación repartida en catro bloques fundamentais.

Polas mañás, ás 12.30 horas, comeza a sesión nfantil, onde poderemos atopar dende obras dirixidas aos máis pequenos ata paiasos ou mesmo contacontos. Xa de tarde, ás 20.15 horas é o turno de Rúa Aberta, que ten lugar en distintas localizacións da vila e onde poderemos desfrutar de espectáculos de maxia, circo e musicais.

Estas dúas seccións teñen lugar ó aire libre, xa que a sesión Infantil se desenvolverá na Alameda, e polo tanto serán gratuitas. En caso de mal tempo, as actuacións trasladaranse a unha carpa situada a carón do Concello. A partir das 21.30 horas terán lugar as seccións de Noite, e a continuación, Á deshora. Estas desenvolveranse no Salón de Actos do Concello e terán un precio de tres e dous euros respectivamente. Ademais, tamén hai a posibilidade de mercar un bono que permite desfrutar de tódolos espectáculos (case 30) por 20 euros, e que se poderá mercar nas taquillas da mostra, quen garantizan a entrada a tódolos espectaculos ata cinco minutos antes do seu comezo, ainda que as portas permanecerán abertas dende unha hora antes do comezo do mesmo na sesión de Noite e media hora na de Á deshora. Así mesmo, os asistentes á sesión de Noite, terán a posibilidade de retirar as entradas para o espectáculo das 0.00 horas. Este ano, a compañía Talía Teatro, que leva organizando a Mostra dende 1992, cando tomou o relevo da Asociación Domingo Antonio de Andrade, conta co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, da Deputación, do Concello e de Ferroatlántica.