Trío de ases: De Niro, Redford e Clive Owen

Actualizado: Guardar
Enviar noticia por correo electrónico

O Cineuropa será esceario de dúas interesantes premiers do audiovisual norteamericano: «The conspiration», dirixida por Robert Redford e «The Killer Elite», un thriller bizarro protagonizado polo tándem Robert de Niro e Clive Owen. Ademáis, De Niro tamén estará nunha sesión cinéfila especial, a volta á gran pantalla a través dunha copia restaurada da versión íntegra da obra magna de Sergio Leone «Érase una vez en Ámerica». No mesmo marco proxectarase a homeaxe que os organizadores do festival brindarán a Raúl Ruiz, co seu traballo «Misterios de Lisboa».

E para os amantes da música e dos seus mitos, o Cineuropa ten preparada unha sección titulada «Todo sobre Elvis», que conterá unha amplísima recolección de concertos, entrevistas e películas de ficción, que culminarán cun maratón adicado á figura do Rey do rock que terá lugar o próximo 26 de novembro. As entradas, por valor de 3 euros, sairán á venda unha hora antes de que comece a proxección. O abono para dez películas terá un custe de 20 euros.