TAMÉN A AUTOAVALIACIÓN

«En Tránsito» abordou o papel das bibliotecas escolares

SANTIAGO Actualizado:

O congreso tratou a aportación destes espazos para a mellora das competencias do alumnado no eido informativo, así como a presentación dunha ferramenta de autoavaliación das bibliotecas dos centros educativos. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, presidiu a clausura de «En Tránsito», un foro no que máis de 500 expertos de diferentes comunidades puxeron en común experiencias e boas prácticas desenvolvidas ata o de agora, co gallo de potencialas; e tamén distintas iniciativas postas en marcha para o fomento do hábito lector que permitiría impulsar o éxito escolar. Na súa intervención, Pinal loubou a calidade dos poñentes: «Respírase entre vostedes amor polos libros; que o seu alumnado poida contaxiarse de este amor».