Suscribete a
ABC Premium

LINGUA

A Rede de Dinamización Lingüística, en marcha o día 28

Un programa específico destinado a mozos e nenos fará fincapé na promoción de actividades deportivas e de tipo cultural

P. A.

O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, anunciou onte que o próximo día 28 de outubro se constituirá a Rede de Dinamización Lingüística da Comunidade. Entre as súas primeiras accións, inclúese un programa específico destinado a mozos e nenos —cuia dotación será de 200.000 euros— e que facerá fincapé na promoción de actividades deportivas e de tipo cultural, orientadas a este sector poblacional. En total, preto de 240, segundo apuntou o secretario.

Durante a Comisión de Educación e Cultura parlamentaria, Lorenzo tamén avanzou que esta ferramenta de colaboración entre os concello galegos e o Goberno autonómico para a promoción e bo uso da lingua galega, arrancará trala súa constitución cun programa específico xuvenil ao que lle seguirá a posta en marcha dun conxunto de actuacións enfocadas a difuncir o uso da lingua galega entre todos os membros que integran o núcleo familiar.

Para elo, e botando man da multiplataforma «Axóuxeres», o departamento de Política Lingüística reforzará a incidencia do galego nos medios, con especial atención ás emisións infantís da canle pública galega. Nesta liña, o propio Lorenzo avanzou que o obxectivo final «non é acadar resultados a curto prazo» senón fomentar o galego presentando o seu coñecemento como unha realidade «necesaria e útil» dentro da sociedade.

Colaboración local

A idea de fondo desta nova ferramenta de dinamización lingüística consiste na colaboración entre o Goberno da Comunidade e os entes locais. Un xeito de traballar baseado na integración que busca, segundo apuntaron fontes da Secretaría de Política Limgüística, «impulsar o intercambio de experiencias, evitar duplicidades e visualizar as actuacións postas en marcha polos seus membros».

Entre os cometidos do proxecto destaca tamén a posibilidade de dar lugar a unha estratexia de planificación lingüística que permita por en funcionamiento medidas comúns para o conxunto do territorio galego. Asemade, a rede proporcionará un marco de formación aos profesionais dos servizos linguïsticos e tamén doutros sectores participantes neste eido.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación