Hazte premium Hazte premium

LINGUA

Máis de 1.700 persoas obtiveron o Celga no que vai de ano 2011

R. S. C.

Un total de 1.732 persoas obtiveron a certificación oficial de coñecemento da lingua galega no que vai de ano. Esta cifra correspóndese co número de aprobados nos exames de Certificación de lingua galega (Celga) realizados na convocatoria de xuño de 2011. Atendendo aos diferentes niveis de coñecemento, 207 persoas superaron as probas do Celga 1, 440 obtiveron a certificación oficial no Celga 2, 482 foron os aptos do Celga 3 e no nivel 4 aprobaron os exames de galego un total de 603 persoas.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística realizou a primeira convocatoria de probas Celga de 2011 o pasado mes de xuño, os días 18, 19, 25 e 26. O número total de presentados ás probas foi de 3.202. Deles, 268 realizaron as probas do nivel 1. Os exames do Celga 2 realizáronos 668 persoas, e no caso das probas do Celga 3 o número ascendeu a 962. Finalmente, 1.304 persoas presentáronse aos exames do nivel 4. Tendo en conta as cifras de presentados e o número de aptos, máis da metade das persoas superaron os exames, un 54,1%.

Por niveis, a porcentaxe de aprobados situouse no 77,2% nas probas do Celga 1, no 65,8% nas do Celga 2, no 50,1% nas do Celga 3 e no 46,2% nas do Celga 4. Nos últimos anos, a media de aprobados nos exames Celga foi do 57,9% no 2010, mentres que no 2009 superaron as probas o 49,3% dos presentados.

En América

Ademais da de xuño, a secretaría xeral realizou o pasado mes de outubro a segunda convocatoria de probas Celga de 2011, que tivo lugar en América. O día 6 tiveron lugar os exames do Celga 4 e do Celga 2, mentres que o día 7 se levaron a cabo os dos niveis 3 e 1. São Paulo, Montevideo e Bos Aires foron as cidades onde se realizaron as probas desta convocatoria de América. As persoas que superan as probas Celgas obteñen a certificación oficial de coñecemento de galego (Celga), que acredita, a efectos de requirimentos ou méritos laborais e académicos, a competencia lingüística en diferentes niveis de coñecemento do idioma.

Para obter este certificado é necesario superar unha proba escrita e outra proba oral. En 2011, a secretaría xeral convocou 140 cursos na modalidade presencial para preparar as probas.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación