Hazte premium Hazte premium

O libro galego, na feira internacional de Bos Aires

Un total de 15 editoriais participan desta presentación internacionalA Cidade da Cultura e a Catedral son algúns dos reclamos do stand

A. RODRÍGUEZ

Considerada como un dos eventos culturais e editoriais máis importantes de América Latina, a feira Internacional do libro de Bos Aires conta este ano cun stand adicado ao libro galego. Este espazo promocional, de 40 metros cadrados, está a ser utilizado para promocionar as novidades dun total de 15 editoriais galegas, entre as que destacan Galaxia, Everest, Kalandraka, Toxosoutos, El Patito Editorial e Sotelo Blanco, entre outras. Entre is folletos promocionais cos que a Xunta de Galicia está dando a coñecer a cultura galega ao outro lado do océano inclúense catálogos de publicacións infantís e xuvenís e os últimos títulos da Comunidade. Folletos promocionais da Cidade da Cultura, con vídeos relativos á infraestructura cultural deseñada polo arquitecto estadounidense, o 800 aniversario da Catedral e a celebración do Ano da Música na Comunidade completan a oferta que os visitantes se atoparán no stand.

Entre os actos que se levarán a cabo estos días destaca a presentación da obra «O libro das Seniguais e o único Senigual», da escritora María Rosa Lojo. Da súa presentación internacional encargouse o director xeral do libro, Francisco López Barxas. Tamén participaron representantes da editorial Galaxia, que edita este curioso traballo en formato álbum. A historia arranca en Fisterra e está protagonizada por unha nena chamada Isolina que lle falará ao lector sobre seres enigmáticos para esbozar unha crítica certeira da violencia humana e o fanatismo. Velaí radica a potencialidade deste texto, pensado para lectores de todas as idades debido á pluralidade de lectura que ofrece.

Pola súa banda e con motivo do día do Libro, o concello de Lugo presentou unha nova campaña de Animación á Lectura, dirixida ao alumnado de educación infantil e primaria. Así, a iniciativa está dividida en tres bloques temáticos entre os que destacarán as sesións de contacontos. A finalidade destas actividades é, como comentou a concelleira de Educación da cidade amurallada, «promover e revitalizar a práctica da lectura, resaltar o valor da palabra oral e escrita e fomentar o interese dos máis pequenos pola tradición literaria». Uns obradoiros que se porán en marcha durante o mes de marzo permitirán, asimesmo, que os rapaces poñan a funcionar a súa creatividade plástica abordando temas sociais nos que se tratan temas como a desigualdade.

10 por cento de desconto

A Federación de Libreiros de Galicia informou onte de que, por coincidir o Día Internacional do Libro co sábado de Semana Santa, se tomou o acordo de dar traslado da celebración, a efectos comerciais, ao día 27 de abril. Este acordo ten alcance nacional (agás nalgunhas comunidades) e mesmo a entrega do Premio Cervantes terá lugar nesta día. Nesta data, e como ven sendo habitual, os libreiros sairán á rúa cos seus postos de venda e farán o tradicional desconto do 10% a todas as persoas que se acheguen a mercar libros.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación