O fotógrafo Jeff Wall presenta exposición no CGAC o próximo 12 de novembro

A mostra explorará as influencias na obra dun dos artistas «máis influíntes das últimas décadas»

SANTIAGO Actualizado: Guardar
Enviar noticia por correo electrónico

O fotógrafo canadiense Jeff Wall, considerado pola crítica especializada como «un dos artistas máis influíntes dos tres últimos decenios», chega esta mes ao Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) da man da mostra «The Crooked Path». Un traballo co que se examina o contexto que propiciou o desenvolvemento da obra deste autor a través dunha ampla escolma fotográfica que inclúe tanto retratos do propio Wall coma doutros artistas influenciados por él. Segundo explicaron os comisarios desta exposición, que inaugura a tempada de outono no CGAC, «a mostra aspira a coñecer as preocupacións estésticas deste fotógrafo», que acabaron marcando o conxunto da súa obra.

Entre as influencias que máis afectaron á produción desde artista nado en Vancouver na década dos anos 40, destaca a súa paixón polo cinema e a literatura, así como o seu interese polos documentais. De aí a que a mostra aborde unha gran diversidade de temas referidos ás súas fotografías, coma o minimalismo en relación coa escala, o retrato histórico ou a arte conceptual. Neste último apartado, Wall destacou especialmente axudando coas súas imaxes a definir o coñecido como «fotoconceptualismo». Así, as súas fotografías son coidadosamente planificadas, coma se da escea dunha rodaxe cinematográfica se tratase, para lograr un pleno control sobre todos os detalles que figuran nelas.

A través das 25 pezas que conforman a exposición, o público poderá contemplar a visión de Wall sobre os seus temas fetiche, sempre centrados no lugar que o home ocupa no mundo. Por elo, as instantáneas reflectirán críticas sociais e políticas sobre cuestións como a violencia urbana, o racismo ou a pobreza, así coma conflictos de xénero e de clase. Estas imaxes foron captadas entre a década dos anos setenta e a actualidade. A exposición permanecerá na sede compostelana do CGAC ata o vindeiro 26 de febreiro en horario de 11 a 20 horas. A entrada é gratuíta.