A formación Luar na Lubre estrea nova voz, a da vocalista coruñesa Paula Rey
Unha imaxe do poboado onde se produxo a detención - MUÑIZ

A formación Luar na Lubre estrea nova voz, a da vocalista coruñesa Paula Rey

A intérprete, que substitúe á lisboeta Sara Vidal, estrearase co grupo o vindeiro mes de decembro

A. R.
A CORUÑA Actualizado:

Os galegos «Luar na Lubre» presentaron este xoves no teatro Colón á nova vocalista do grupo, que substitúe á lisboeta Sara Vidal. A elexida foi a coruñesa Paula Rey, de 30 anos, que segundo explicaron na presentación ata o de agora sempre estivo vinculada ao ámbito académico. Así o anunciou un dos membros da recoñecida formación, Bieito Romero, quen explicou ante os medios as razóns que os levaron a fichar a esta intérprete como vocal da súa formación. «Paula ten unha voz diferente ao resto das vocalistas que pasaron por aquí». «Ademáis, é moi versátil, polo que se adaptará perfectamente», engadiu.

A nova voz dos internacionais Luar na Lubre formouse no Conservatorio de canto Valencia, onde compatibilizou os seus estudios en Ciencias da Educación co traballo de profesora en distintas escolas de música. Ademais, estivo vinculada ao mundo da lírica e cantou como soprano en diferentes formacións, entre elas o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Na presentación ante os medios, Paula Rey recoñeceu «estar encantada» de poder afrontar este reto. Unha oportunidade brindada por «esta gran banda, coa que sempre dixen que me gustaría cantar, e aquí estou», matizou.

A propósito da marcha da lisboeta Sara Vidal, a súa antecesora, apuntou que ésta tivo que deixar o grupo «por motivos persoais», ao ter que trasladarse continuamente a Lisboa, o que dificultaba o seu traballo como intérprete. Pola súa parte, Romero tamén recordou que xa tiñan unha voz para substituír a Sara Vidal, aínda que finalmente non puido ser. Por iso, o grupo decidiu realizar un casting entre unha ducias voces, das que «Paula resultou ser a mellor», apostilou.

En breve, novo traballo A banda galega, que cumpre 25 anos nos escenarios, está a preparar o seu próximo álbum inspirado no libro Labar Gabela, sobre as invasións irlandesas. Un traballo no que, salientaron, manterán a súa estética tradicional. O disco, segundo adiantou Romeiro, «estará editado antes do verán de 2012». Pola súa banda, a nova vocalista estrearase nun concerto que ofrecerán este Nadal.