Suscribete a
ABC Premium

ACORDO ENTRE CULTURA E INDUSTRIA

350.000 euros para apoiar ao audiovisual galego

R. A.

A Consellería de Economía, a través do Igape, destinará un total de 350.000 euros ao longo de dous anos para a promoción internacional do audiovisual galego, segundo se desprende dun convenio asinado co Consorcio Audiovisual de Galicia. A presentación do proxecto correu a cargo, ... este mércores, do conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e do de Economía, Javier Guerra, que coincidiron á hora de destacar o carácter «estratéxico e prioritario» do sector audiovisual galego, así como a súa necesidade de internacionalización. En concreto, Javier Guerra confiou en que esta partida contribúa a facer as empresas audiovisuais galegas competitivas no mercado global, dado que a internacionalización é, na súa opinión, «a única fórmula para o crecemento empresarial».

Artículo solo para suscriptores

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comparte esta noticia por correo electrónico
Reporta un error en esta noticia