Este sábado bota a andar a feira do libro antigo e de ocasión
Na imaxe, o cartel que publicita a feira deste ano - ilustración: pachu m. torres
EN COMPOSTELA

Este sábado bota a andar a feira do libro antigo e de ocasión

A cita será no Paseo do Leóns da Alameda a partires das 11 da mañá

SANTIAGO Actualizado: Guardar
Enviar noticia por correo electrónico

O próximo sábado comeza a XX feira do libro antigo e de ocasión de Santiago de Compostela, que este ano ofrecerá cincuenta mil exemplares e outros materiais impresos, entre eles unha biblia incunable que data do ano 1500. A feira contará con 10 librerías provintes de Galicia, Castela e León, Madrid e Valencia, que ocuparán 72 metros cadrados para expor libros e materiais impresos de grande valor histórico, segundo informou a Federación de Libreiros de Galicia nun comunicado. Entre eles figura tamén un tratado de escritura en varias linguas impreso en pergamino con 25 grabados, así como libros de primeira edición do poeta Rafael Alberti, Federico García Lorca, Castelao, Valle Inclán e Rosalía de Castro. A feira estará aberta ata o 12 de xuño no paseo dos leóns da Alameda de Santiago.