SECRETARÍA DE IGUALDADE

Os comercios colaboran na campaña contra a violencia sexista

LUGO Actualizado:

Os comercios de Galicia van expoñer nos seus escaparates os carteis editados pola Secretaría Xeral da Igualdade con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, que se celebra o 25 de novembro, en virtude do convenio de colaboración entre Igualdade, Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio, asinado onte en Lugo. O protocolo foi firmado pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella; a directora xeral de Comercio, Nava Castro; e o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, nun acto celebrado na sede da federación. Os establecementos asociados á Federación Galega de Comercio exporán nos seus escaparates os 30.000 carteis editados.