A(s) aventura(s) de Lee Miller
Unha das fotografías da mostra, con Pablo Picasso como reclamo - lee miller archives, england. All rights reserved

A(s) aventura(s) de Lee Miller

A Fundación NCG organiza na Coruña unha retrospectiva sobre a estadounidense Lee Miller: modelo, correspondente de guerra e retratista dos grandes artistas do século XX

SANTIAGO Actualizado:

Dora Maar, Paul Eluard, Man Ray (do que foi parella), Jean Cocteau, Edward Murrow, Max Ernst, Igor Stravinsky, T. S. Elliot, Pablo Picasso, Joan Miró, Antoni Tàpies, Charles Chaplin...

Se ben poucos fotógrafos puideron legar ás xeracións posteriores unha galería de artistas e intelectuais ilustres do século XX como a da estadounidense Lee Miller (Poughkeepsie, New York, 1907; Farley Farm House, Sussex, Reino Unido, 1977), non hai ningún que se lle poida asemellar na súa traxectoria vital: un grave accidente co editor de revistas de moda Conde Nast precipita os seus primeiros traballos de modelo para grandes fotógrafos, para converterse logo en musa e compañeira de artistas surrealistas en Europa, correspondente da Segunda Guerra Mundial e a posguerra, fotógrafa de moda e vida social de «Vogue», artista e retratista de artistas.

Miller era fermosa, moi fermosa, tanto que a súa iniciación no mundo da fotografía chegou da man dos grandes do momento (Edward Steichen, Hoyningen-Huene, Arnold Genthe), para os que exerceu de modelo.

No ano 1929, Miller atravesou o océano Atlántico para establecerse en París. Alí comeza o seu contacto, prolongado e que marcaría a súa traxectoria vital, cos artistas do surrealismo. Na cidade da luz traballou co tamén fotógrafo Man Ray, conseguiu establecer un estudio de seu e iniciou a súa carreira como retratista de excepción e fotógrafa de moda. Tamén desenvolveu a súa faceta creativa, moi pegada ás correntes da vangarda surrealista.

Pero a aventura de Miller non remata aquí. De volta en New York, onde establece un estudio en 1932, coñece a un rico empresario exipcio, Aziz Eloui Bey, co que remata casando. Instálase no Cairo, onde traballa en longas saídas no deserto.

En 1937, nunha viaxe a París, cambia a súa vída: alí coñece ao británico Roland Penrose, artista e futuro biógrafo de Picasso, que remataría converténdose no home da súa vida. Con Penrose viaxa a Grecia e Romania. Xusto antes do inicio da Segunda Guerra Mundial, rompe o seu matrimonio, e parte para Londres con Penrose. Miller desafía na viaxe á propia embaixada estadounidense, que lle ordena regresar aos Estados Unidos. Alí comeza a traballar coma fotógrafa freelance(independente) da revista «Vogue».

Acreditada polo exército norteamericano (entón a armada británica non aceptaba mulleres), durante a Segunda Guerra Mundial vive experiencias históricas xunto ao fotógrafo de «Time Life» David E. Scherman. a súa biografía recolle que foi, probablemente, a única muller fotoxornalista cubrindo a guerra. Miller seguiu as tropas norteamericanas no Día D, foi testigo do cerco de Saint Malo, a liberación de París, as mortes de nenos en Viena, a vida dos campesiños na posguerra húngara ou a liberación dos campos de concentración de Buchenwald e Dachau.

Que a súa vida foi unha é evidente no caso de Miller, que chegou a aloxarse nas casas de Hitler e Eva Braun en Múnic, e fotografou o domicilo incendiado do Fuhrer, en Berchtesgaden, na véspera da rendición de Alemaña. «Ela era simplemente a persona máis valente que teña coñecido nunca», diría dela posteriormente outro fotógrafo de Life, John Phillips (os traballos de Miller na guerra pódense atopar en internet, na páxina web http://www.leemiller.co.uk/virtualexhbframe.aspx).

Despois das guerra, Lee traballou dous anos máis para «Vogue», nun ambiente moi diferente, pero que coñecía ben: a moda e os famosos. Pero pouco despois casou con Penrose e iniciou a súa serie de retratos de artistas, contribución das biografías que o propio Penrose realizada dos autores. Paralelamente, continúa a súa faceta creativa coma fotógrafa ben influencia polo surrealismo.

A retrospectiva que Fundación Nocacaixagalicia, na súa sede coruñesa, ofrecerá a partires do próximo día 23 de xuño será a primeira retrospectiva organizada en España sobre Miller. A mostra, que ofrecerá o mellor do traballo da fotógrafa en cada un dos ámbitos nos que desenvolveu a súa carreira, chegará da man dunha visita de Anthony Penrose, fillo de Miller e Penrose.