cómic
Anciáns de estatuilla
«Enrrugas», producida por Perro Films e Cromosoma, é unha das cintas preseleccionadas para competir polo Oscar á mellor longametraxe de animación. Unha historia de loita polos recordos con marcado acento galego
Anciáns de estatuilla
Esta é a lenda de Emilio e Miguel. Un par de anciáns en dúas dimensións que se atopan entre os dezaoito títulos que rivalizan para estar entre os finalistas que opten a gañar a estatuilla máis preciada, un Oscar. Non é unha casualidade.
«Enrrugas», ... adicada a un público adulto, é o resultado da animación do aclamado cómic homónimo de Paco Roca, Premio Nacional en 2008. O mesmo Roca admite que o éxito, tanto da banda deseñada como da longametraxe, reside na súa realidade. «Practicamente non inventei nada desta historia», confesa, «as anécdotas reais son tan boas que non podían superarse». Así, Emilio é, en verdade, o pai dun «bo amigo» do autor. Tamén coñeceu a unha señora que pasaba o día na fiestra «crendo que viaxaba en tren» e á que, para que comese, «a convencían de que a levaban ao vagón-comedor».
Na ficción, Emilio, un director de banco xubilado, chega a un xeriátrico nun estado inicial de Alzheimer. Confuso pola súa nova contorna e desorientado, comeza a sofrer regresións a etapas pasadas da súa vida. Sen embargo, atopa un apoio inesperado no seu compañeiro de habitación. Miguel é un dos más veteranos na residencia. Pícaro e desenvolto estafador, planea todo tipo de artimañas para que os médicos non se decaten da progresiva dexeneración do seu amigo e éste acabe no piso dos «desafiuzados». Inmersos na esperanza de manterse activos e dignos, a parella vese inmersa en toda sorte de situacións cómicas e esperpénticas. As súas vidas rematan, pero eles comezan unha nova.
A tenrura e humanidade mesturadas con pinceladas de humor otorgáronlle a «Enrrugas» o premio Gran Guinigi á mellor historia longa no prestixioso Festival italiano de Lucca. Tamén recibiu os máximos galardóns á mellor obra e mellor guión do Salón Internacional do Cómic de Barcelona 2008 e o Premio á mellor historieta española do Diario de Avisos de Tenerife no mesmo ano. Ademais de gañar o favor da crítica, logrou o do público, con máis de trinta mil exemplares vendidos dende a data da súa publicación por Astiberri en España, onde está considerado como un dos máis importantes cómics dos últimos dez anos. En Francia a asociación de críticos de novela gráfica seleccionouno como un dos mellores vinte álbums editados no 2007 e está tamén publicado en Italia, Holanda e Finlandia. Proximamente viaxará a Alemaña e Xapón.
Notas da terra
Se algo diferencia o papel da pantalla é o son. A banda sonora de «Engurras» é unha obra do compositor coruñés Nani García feita melodía pola Real Filharmónica de Galicia. A música de García segue a mesma liña clara dos debuxos de «Enrrugas» pero a sensibilidade deste artista xa quedou latente na película de animación «De Profundis» (2006). A asociación artística có ilustrador Miguel Anxo Prado permítelle introducirse de cheo na creación da música sinfónica, potenciando a súa faceta de compositor. A ligazón de «Enrrugas» co son galego non remata eiquí. A dobraxe e postproducción realizouse nos estudios compostelanos de Cinemar films. Todo o equipo do estudio afirma sentirse «moi orgulloso» do traballo realizado no filme.
O foley correu a cargo de Miguel Barbosa, o deseño sonoro de Carlos García e, ambos da montaxe. A creación de voces para a versión orixinal galega dependeu de Charo Pena, que tamén dirixiu a dobraxe da versión ao castelán. O filme conta co traballo dos actores Tacho González, Álvaro Guevara e Mabel Rivera.
A soidade do abandono
Non podemos falar da longametraxe «Enrrugas» sen nomear ao seu director e coguionista, Ignacio Ferreras. Éste confía en que a súa ópera prima no mundo da animación sexa unha película que «mereza a pena» e que, tras vela, máis dun espectador «recapacite sobre a soidade» e o «abandono» ao que a sociedade somete aos anciáns. No proceso de documentación, o director visitou varias residencias da terceira idade na que o denominador común era un: a soidade. Coa idea en mente, Ferreras decidíu dar movemento ás viñetas de Roca tentanto «non estropear» o cómic.
Ao seu carón e empurrando con forza, o productor Manuel Cristóbal, director da galega Perro Verde Films. Cristóbal avala a súa experiencia cun Goya, un Mestre Mateo e un nomeamento aos Cartoon Tributes como mellor produtora de animación de Europa. Na actualidade, ten en desenvolvemento varias longametraxes e series de televisión tanto de animación como de imaxe real. A última peza do crebacabezas tócalle a Cromosoma, responsable da serie de animación para nenos e nenas, «As tres mellizas». Un dos logros recentes da productora é precisamente a longametraxe documental «Bicicleta, culler, mazá» que tamén trata o mal de Alzheimer basándose na figura de Pasqual Maragall.
Lonxe de esquencer, «Enrrugas» será lembrada por competir polos Oscar ou por ser unha obra maestra de oitenta minutos de duración que verá a luz para o público o vindeiro 2012. O trailer da película xa está dispoñible a través da páxina web da cinta, en www.arrugaslapelicula.com.
Ver comentarios