ABC  O alumnado, no curso
ABC O alumnado, no curso

Remata o curso de dobraxe organizado polo Consorcio Audiovisual e Aisge

D. G.SANTIAGO. O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE cerraron onte o curso de Dobraxe coordinado por Luis Iglesia, para o que se recibiron máis de 80 solicitudes de profesionais da

D.G. SANTIAGO.
Actualizado:

O Consorcio Audiovisual de Galicia e a Fundación AISGE cerraron onte o curso de Dobraxe coordinado por Luis Iglesia, para o que se recibiron máis de 80 solicitudes de profesionais da interpretación e da locución.

A actividade, que durou un total de 120 horas, ten lugar desde o 17 de decembro do pasado ano, en horario de tarde na Sala de Dobraxe da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Nesta nova edición contouse coa colaboración de importantes profesionais, como Marisa Lois, médico-foniatra especialista en educación da voz, que impartiu un módulo específico ao longo de catro sesións, nas que se trataron a fisioloxía, as distintas patoloxías que a afectan á voz, a liberar o sistema respiratorio e unhas normas sobre os hábitos correctos. Ademais, tres importantes actores e directores de dobraxe déronlles unhas clases maxistrais, nas que aportaron distintos estilos na dirección da dobraxe, ademais de expoñer as súas experiencias no mundo profesional.

O alumnado puido contar coa presenza de Charo Pena, actriz e directora de dobraxe, voz de Meryl Streep, Julie Andrews, Sharon Stone ou Susan Sarandon; Xosé A. Rubal, actor e director de dobraxe, que coordinou a dobraxe de series e películas de grande sona, como «Apocalypse now» ou «Pulp Fiction»; ou Alfonso Valiño, voz de Gary Cooper, Rod Steiger, Bob Hopkins ou Morgan Freeman.

Os participantes traballaron nunha sala de dobraxe nas mesmas condicións técnicas e artísticas nas que se desenvolve esta profesión a cotío, dobrando fragmentos de películas, series, debuxos animados e documentais.

Tendo en conta a demanda que se dá tanto por parte do público, así como tamén por parte da propia TVG e das produtoras de dobraxe, dunha renovación nas voces que escoitamos, que ademais respondan a uns criterios de calidade (correcto uso do galego falado, capacidade interpretativa, etc.) editarase ao finalizar o curso, un DVD cunha selección de takes realizados polos participantes, que se fará chegar desde o Consorcio aos distintos estudos de dobraxe e á TVG, para facilitar a súa incorporación ao circuíto laboral da dobraxe.

No marco desta política de fomento do emprego no sector audiovisual, estase a preparar unha Bolsa e Servizo de Asesoramento Laboral, que se convocará no mes de febreiro para a intermediación de empresas e candidatos na procura dun posto de traballo.