O británico James Lovelock, novo Premio Fonseca da USC

O científico británico James Lovelock (Hertfordshire, 1919) foi o galardoado co II Premio Fonseca de comunicación da ciencia na súa edición de 2009, convocado no marco do programa «ConCiencia», que na súa primeira edición recaeu en Stephen Hawking.

O intelectual e ambientalista británico confirmou a ... súa asistencia ao acto de entrega do premio, cuxa data aínda non está confirmada. O premiado, que recibirá os 6.000 euros correspondentes e a escultura de Ramón Conde, pronunciará unha conferencia destinada ao público xeral.

O xurado decidiu por unanimidade o gañador desta segunda edición e valorou de Lovelock a súa «excepcional condición» de xerador de conciencia crítica. É o autor da «Teoría de Gaia» que postula que a Terra é como un superoganismo que se autorregula. O nome de Gaia, deusa grega da Terra, foille suxerido a finais dos anos cincuenta polo seu amigo William Golding, Premio Nobel de Literatura en 1983. O Premio Fonseca, que está convocado polo Consorcio de Santiago e a universidade compostelá, leva o nome dun dos fundadores da USC. Lovelock é químico de formación, doutorouse en Medicina e entre os anos 40 e 50 desenvolveu as súas investigacións en centros pioneiros nos Estados Unidos, culminados na Universdad de Harvard. Sobre todo, estudou o dano que se producía en células vivas no proceso de criogenización e posterior desconxelación, alcanzando con éxito mecanismos para permitir esa recuperación.

A súa formación levouno á NASA en 1961, onde creou e desenvolveu moitos dos instrumentos empregados no programa de investigación doutros planetas, con especial énfase en Marte. Na súa tarefa de inventor destaca a invención do detector de captura de electróns en 1957.

Artículo solo para suscriptores

Accede sin límites al mejor periodismo

Tres meses 1 Al mes Sin permanencia Suscribirme ahora
Opción recomendada Un año al 50% Ahorra 60€ Descuento anual Suscribirme ahora

Ver comentarios