Meca non repetirá

Actualizado:

POR R. S. C.

SANTIAGO. Non haberá un novo reto Xacobeo para David Meca. O nadador catalán valorou onte como a aventura «máis bonita, simbólica e fría da súa carreira» a primeira travesía peregrina a nado polo Río Ulla, o roteiro marcado pola tradición coma o empregado para trasladar a Iria Flavia os restos do Apóstolo Santiago. Meca tivo que ser atendido por personal sanitario e trasladado a un hospital despois de terminar o percorrido en Pontecesures, que iniciou ás 13.30 horas do pasado martes e finalizou á tardiña. Meca explicou, na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, onde foi recibido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que considera o seu Reto Xacobeo como «una tarefa de superación persoal e un feito deportivo sen precedentes».

Durante o traxecto, Meca afrontou correntes «moi fortes» e de temperaturas moi baixas -de ata catro graos-. A «tan so» 300 metros da súa chegada, o seu equipo «chegou a pensar» que non lograría cumplir o seu obxetivo. Sen embargo, o nadador engadiu que a pesares de ter pasado por momentos «tremendos e de desesperación», no pensou «xamais en abandonar o reto».

Onte, ao nadador todavía lle doían os brazos, ademais de sufrir algunhas feridas no pescozo. O campeón do mundo de natación de Longa Distancia animou a que «futuros peregrinos» fagan o Camino de Compostela a nado. Tamén desexou que o Xacobeo 2010 «dé a volta ao mundo sobre todo co deporte».