Hazte premium Hazte premium

Investigadores da USC estudan restaurar as escombreras de pizarra

R. S. C.SANTIAGO. Un equipo de investigadores da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) traballa na produción de compost a partir dos restos que xera a consolidada

ABC Imaxe dunha escombrera galega

R. S. C.

SANTIAGO. Un equipo de investigadores da Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela (USC) traballa na produción de compost a partir dos restos que xera a consolidada industria vitivinícola galega. Agora, os especialistas tratan de aplicar este compost á restauración das escombreras que xorden da explotación da pizarra a ceo aberto en Galicia.

Os expertos colaboran neste proxecto co Concello do Barco de Valdeorras, onde esta actividade extractiva ten unha gran importancia. A coordinadora deste proxecto é a profesora María Teresa Barral Silva, do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da USC. Afirma que a explotación da pizarra é un dos sectores industriais máis importantes en Galicia, tanto por facturación como por número de empregados e volume de vendas ao exterior. Segundo os datos aportados pola investigadora, na comunidade galega a produción anual de pizarra nos últimos anos supera as 600.000 toneladas.

Tal e como indican os investigadores, a explotación da pizarra a ceo aberto orixina grandes ocos nas montañas e enormes escombreras. As características orográficas adversas, unidas á falta de estrutura dos escombros, fan que moitas escombreras sexan inestables, provocando o esvaramento dos materiais que a compoñen ladeira abaixo, destruíndo a vexetación e o solo ao seu paso e dando lugar nalgúns casos á interrupción dos leitos dos ríos próximos.

«Como medida para mellorar a xestión destes residuos mineiros cómpre establecer unha cuberta vexetal que se desenvolva con rapidez. A vexetación estabilizará os estériles fronte á erosión, diminuirá o impacto paisaxístico e contribuirá ao desenvolvemento da estrutura do solo», explica a coordinadora do proxecto.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación