A Fundación María José Jove clausura o sábado a Escola Musical de Verán

Actualizado:

ABC

A CORUÑA. Un concerto celebrado na Fundación María José Jove pon mañá o broche de ouro á escola musical «Menudo Magistralia», organizado pola Fundación Magistralia, entidade sen ánimo de lucro dirixida por Emilio Aragón, e coa que colaborou a Fundación María José Jove.

Os 49 cativos -con idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos- que participaron neste campamento de verán serán os protagonistas do recital. que ademais contou con catorce nenos da Unidade de Atención Temprana y Estimulación Precoz do Hospital Materno Infantil, a través dunha bolsa concedida pola Fundación María José Jove. A escola musical iniciouse o pasado 16 de agosto nas instalacións da Residencia Rialta (Culleredo), pertencente á Fundación María José Jove.

A finalidade deste curso é introducir aos máis novos no mundo das artes e da cultura, dunha forma dirvertida, coa música clásica como fío conductor, proporcionándolles uns días de convivencia e posibilitando a comprensión artística, mediante a combinación de xogos e aprendizaxe, ao tempo que potencia a capacidade de relación con outras persoas e a súa seguridade persoal co obxectivo de acadar un maior nivel de autosuficiencia nun ambiente solidario e participativo. O concerto comenzará as 11 da mañá e celebrarase na sede que a Fundación ten no Edificio WorkCenter no Polígono de A Grela, con entrada libre e aforo limitado.

A Fundación María José Jove, estivo sempre vinculada ao compromiso social orientado aos colectivos menos favorecidos, centrándose especialmente na infancia. A Fundación leva o nome da falecida Vicepresidenta de Fadesa, fundada pola súa familia para levar á práctica a extraordinaria sensibilidade de María José Jove.

A outra Fundación que colabora no proxecto, Magistralia, creouse en outubro do ano 2000 coa finalidade de promocionar aos novos músicos. Con este obxectivo Magistralia promove numerosas iniciativas, como exposicións, concertos ou cursos.