Hazte premium Hazte premium

Euskera, catalán e galego apostan conxuntamente en «Expolingua» pola diversidade lingüística en Europa

ABCBERLÍN. O euskera, o catalán e o galego compartiron por primeira vez actividades en «Expolingua Berlín 2007», un dos maiores escaparates das linguas do mundo, no que estiveron presentes 32 países e

ABC

BERLÍN. O euskera, o catalán e o galego compartiron por primeira vez actividades en «Expolingua Berlín 2007», un dos maiores escaparates das linguas do mundo, no que estiveron presentes 32 países e 60 linguas. Esta participación conxunta é unha das liñas de traballo iniciadas grazas ao Protocolo de Colaboración en materia de política lingüística subscrito polos tres gobernos o ano pasado co obxectivo de intercambiar información e experiencias, e traballar conxuntamente para avanzar nun maior recoñecemento ao euskera, o catalán e o galego, tanto no Estado español como na Europa plurilingüe.

Neste sentido, os tres gobernos seguiran fomentando estratexias destinadas á difusión internacional dos produtos culturais e dos seus creadores, e utilizando esa proxección internacional para acrecentar o prestixio das tres linguas e culturas. Así mesmo, impulsarán estratexias para incrementar a presenza do euskera, o catalán e o galego máis alá das súas fronteiras.

Expositor conxunto

Ao longo dos tres días que durou a feira, o expositor recibiu a visita de miles de persoas que puideron participar nas diferentes actividades organizadas para estes días.

O viceconselleiro de Política Lingüística do Goberno Vasco, Patxi Baztarrika, a directora de Planificación e Fomento da Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña, Paquita Sanvicén, e a secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Marisol López, pecharon a participación conxunta na «Expolingua Berlín 2007» cun acto conxunto no que puxeron de manifesto a importancia de que desde os poderes públicos das comunidades con lingua propia se impulsen accións encamiñadas a que Europa, que é un mosaico de linguas, se dote de políticas activas de recoñecemento e promoción das mesmas nas súas institucións. Baztarrika, Sanvicén e López avogaron pola igualdade social entre todas as linguas e por aproveitar a riqueza da diversidade lingüística como factor de cohesión social.

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación