As editoriais máis Política Lingüística valoran a eficacia de «Bocaberta»

Actualizado:

ABC

SANTIAGO. O programa «Bocaberta» de Política Lingüística despide o 2009 cun balance moi positivo das preto de 1.000 actividades que se puxeron en marcha desde o pasado mes de xullo. Así o constataron as once editoriais galegas que colaboran neste proxecto e mais o responsable de Política Lingüística, durante a reunión que se celebrou na Secretaría Xeral.

Anxo Lorenzo mantivo unha xuntanza cos representantes de Rodeira, El Patito Editorial, Everest, Galaxia, OQO, Ir Indo, Xerais, Kalandraka, Sotelo Blanco, Baía Edicións e mais A Nosa Terra, na que, ademais de facer unha valoración das diversas actividades que se desenvolveron dentro deste programa de dinamización, tamén se falou de novas propostas para volver poñer en marcha esta iniciativa o próximo ano.