Hazte premium Hazte premium

Día das Letras Galegas 2021

Darío Gil Arias: «Interioricei que Darío a Diario era máis que un libro de miña nai, que podía facelo meu»

«Todas as nais teñen o poder de marcar o camiño dos fillos», e Xela guiouno mediante «argumentar, razonar e buscar os porqués».

O fillo de Xela Arias segue recibindo consellos cando se le en «Darío a Diario»

Xela e Darío Cedida por Darío Gil

Aldara Diéguez

Darío Gil Arias ten 25 anos e está dando os seus primeiros pasos na ensinanza, oficio que sempre viviu de preto, dende a casa propia. Darío Gil Arias ten 25 anos, e tamén moita carga de traballo neste ano especial, no que a súa vida percorre entre actos, homenaxes e chamadas telefónicas nos que un nome se repite en bucle: Xela .

Xela Arias é a nai de Darío -adoitan referirse a el ao revés- e entre a súa obra está «Darío a Diario» , un caderno de bitácora onde Xela ía gardando rexistro desa travesía excepcional chamada maternidade.

Primeiro de todo: emocionado con que este ano sexa túa nai a homenaxeada?

Moito. Comunicáronolo o día 22 de decembro, para nós foi unha lotería. Estabamos preocupados por ser este ano tan peculiar [pola pandemia], pero todo o mundo volcouse moito, fixéronse moitísimos traballos. Si, a nós tocounos premio.

Que significa para ti ler «Darío a Diario»?

Custoume moito a primeira vez que o lin, porque me emocionaba moitísimo. Era como falar con ela sobre a idea que tiña da maternidade, pero co aliciente de que era sobre min. Collerlle distancia foi complicado, pero a forza de pasaren os anos… eu era moi novo, tiña 9 anos [cando Xela faleceu], e pouco a pouco vas coñecendo a obra e separas o que era ela como nai do que era como escritora, tradutora, etc. O máis difícil era con «Darío a Diario», por suposto. Pero co tempo es capaz de separar as dúas e es capaz de achegarte a súa obra dun xeito máis sereno e tranquilo. Unha vez fun colléndolle distancia, entendín que a obra é unha explicación de como vivir a maternidade sen grandes imposicións, non de control, senon de axuda, de poñerse a disposición, camiñar xuntos sen influír no devir do outro.

No libro non amosa a imaxe dunha nai tradicional, senon dunha nai que compatibiliza traballo e coidados e que ademáis, educa ao seu fillo dende a liberdade e a autonomía, algo inusual no momento. Sintes que o libro foi dándoche consellos ao longo da vida?

Si, o certo e que cando volvo lelo de cando en vez, especialmente agora que me piden que lea poemas de Xela nos actos, si que me da certos consellos. É unha ollada de que o máis importante é acadar a liberdade, pero esa liberdade nunca vén dada, sempre hai que poñer os medios e traballar en acadala.

A que idade a obra de Xela conformou máis a túa personalidade?

Cando tiña 21 ou 22 anos, porque xa tiña a capacidade de maior análise e interiorizala perfectamente. Foi cando tomei conciencia, non da súa calidade, senon cando interioricei que era máis que un libro de miña nai, que podía facelo meu.

‘Non te amola!’ é un libro inédito de Xela, contos infantís. Foi un libro que escribiu pensando en ti?

Si, o certo é que ela quería facer algo máis que poesía, quería xuntar eses contos infantís que non puido publicar no seu momento e agora por fin puidemos editalo. Publicouno Galaxia con ilustracións de Luz Veloso, unha edición moi chula. Tivo boa acollida.

Como foi o proceso de recordar a túa nai a través deste novo libro?

Vese unha faceta moi distinta dela respecto dos poemarios, porque este tipo de literatura infantil, ao final, é tenrura, algo que contrasta un pouco coa dureza coa que escribía poesía. Son facetas diferentes dela.

Que herdaches máis de túa nai, o interese cultural ou o activismo?

Que difícil! Penso que van moi da man. Cando tes unha actividade cultural intensa, daste conta de certos activismos necesarios. Se teño que escoller, quedo máis co activismo. No ámbito cultural o que máis consumo é ensaio.

Falando cunha excompañeira súa de traballo, entereime de que Xela era unha persoa moi discreta e humilde. Como levaría ser o centro de atención se estivese aquí connosco?

Habería dúas visións. Ela sentíase unha provilexiada, porque estaba na órbita das editoriais, cando moitas outras persoas non chegaban a ter ese acceso aínda tendo traballos bos. Por un lado, aportaría esa humildade. Por outra banda, estaría moi contenta polo traballo recoñecido.

A túa nai era muller moi transversal. Escribía, pero tamén recitaba, e traballou coma mestra e tradutora. Se só poidera escoller unha, con cal se quedaría?

Eu quédome coa de escritora, pero é moi positivo que nestes actos se estea dando a súa faceta de tradutora, e tamén a parte de mestra, que eu son profesor de secundaria, e tamén me gusta moito.

Cal é o teu libro favorito dela?

«Darío a diario», pouco teño que pensar.

Como recordas a túa nai no personal?

Seguindo a liña de «Darío a Diario». Todas as nais teñen o poder de marcar o camiño cos fillos, pero eu sempre teño o recordo con ela de argumentar, de pensar, de razonar, de buscar os porqués.

Xela e Darío Cedida por Darío Gil

Esta funcionalidad es sólo para suscriptores

Suscribete
Comentarios
0
Comparte esta noticia por correo electrónico

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Reporta un error en esta noticia

*Campos obligatorios

Algunos campos contienen errores

Tu mensaje se ha enviado con éxito

Muchas gracias por tu participación