Os Centros Comerciais Abertos constitúen unha fórmula idónea para a revitalización das cidades

ABCSANTIAGO. Os centros comerciais abertos, promovidos por asociacións de comerciantes fortes, poden facilitar a recuperación dunha vila en xeral e do seu comercio en particular, tanto dende o punto

Actualizado:

ABC

SANTIAGO. Os centros comerciais abertos, promovidos por asociacións de comerciantes fortes, poden facilitar a recuperación dunha vila en xeral e do seu comercio en particular, tanto dende o punto de vista económico e social coma, mesmo urbanístico, contribuíndo a evitar a despoboación que nos últimos anos se está producindo nos centros urbanos.

Por esta razón a fórmula comercial dos centros comerciais abertos, xunto coas centrais de compras e servizos e as actuacións en eixes comerciais, contan co apoio da consellaría e Innovación e Industria en materia de comercio. O obxectivo é dobre, por unha banda o comercio debe satisfacer as necesidades duns consumidores cada vez máis existentes que demandan combinar o acto da compra co lecer e, pola outra, exercer de motor social construíndo cidade.

En tódalas provincias

Innovación e Industria está a colaborar na implantación e desenvolvemento de centros comerciais abertos en localidades das catro provincias galegas. En A Coruña, en concreto, apóianse iniciativas de centro comercial aberto en Ribeira, Boiro, Ferrol, Noia, Carballo, dous en Santiago de Compostela (Zona Monumental e Zona Ensanche) e dous na cidade da Coruña (Obelisco e rúa de Barcelona). Na provincia de Pontevedra colabórase cos CCA de Vigo (Zona Príncipe, Zona Centro e Casco Vello e no Barrio do Calvario), Pontevedra (Zona Monumental de Pontevedra), Tui, Pontevedra, O Grove, A Estrada, Cangas-Bueu, Cambados, A Guarda, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo, O Porriño e Redondela.

Innovación colabora igualmente na provincia de Lugo con agrupacións de comerciantes de Ribadeo, Monforte de Lemos, Lugo, Sarria, Chantada e Viveiro. Finalmente, Ourense e o Barco de Valdeorras terán cofinanciamento para o desenvolvemento de sendas iniciativas de Centro Comercial Aberto.

A consellaría aprobou axudas, reguladas por unha Orde do 26 de abril de 2006, para actividades de consolidación e desenvolvemento destes CCA, como creación e potenciación de unidades xerenciais, sinalización comercial (bandeirolas, placas identificativas, monolitos, directorios, etc.), desenvolvemento de sistemas de fidelizacion de clientes (catálogos comerciais, merchandaising, envío a domicilio, aparcamento gratuíto, elementos de aplicación de marca) actividades formativas e campañas de promoción, publicidade e animación comercial.

En toda Galicia, o apoio do departamento dirixido polo nacionalista Fernando Blanco concrétase en 2,8 millóns de euros (500.000 euros máis que no ano anterior), para 65 proxectos que xerarán un investimento total de 5.088.187 euros, cunha porcentaxe media de subvención do 50% do investimento.

Poténcianse especialmente as actuacións na vilas e cabeceiras de comarca de menos de 20.000 habitantes nas cales o porcentaxe de subvención incrementouse nun 10% adicional, acadando ata o 60% do investimento aprobado. Dos 65 proxectos subvencionados con cargo a esta orde, 33 teñen como obxectivo a implantación e desenvolvemento de centros comerciais abertos.