A administración autonómica adica 149.000 euros á promoción turística

B.C.SANTIAGO. O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou onte en Santiago tres convenios de colaboración coa Federación Provincial de Empresarios de Hotelaría e Turismo de

Actualizado:

B.C.

SANTIAGO. O Conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, asinou onte en Santiago tres convenios de colaboración coa Federación Provincial de Empresarios de Hotelaría e Turismo de Ourense, a Asociación de Empresarios de Hostelaría de Santiago de Compostela e Comarca e a Asociación Galega de Turismo Rural(Agatur), respectivamente, que contarán cun presuposto de 149.000 euros e que se enmarcan dentro da política de cooperación con aquelas actividades que promocionen a oferta turística da Comunidade.

A conselleria destinará un orzamento de 24.000 euros para o proxecto firmado coa Federación ourensáque asecende a un total de 40.000 euros. As actividades que se realizarán contemplan a posta en marcha da reedición de folletos turísticos dos municipios de Verín, Ribadavia, Carballiño, Xinzo de Limia, O Bolo, Barco de Valdeorras e a cidade de Ourense e tamén a reelaboración de salvamanteis de cafetería nos que se imprima o mapa provincial en cores e que amose as diversas ofertas de caza e natureza de cada zona.

Pola súa parte, a Asociación de Empresarios de Hostelaría de Santiago de Compostela e Comarca contará coa maior partida e dos 150.000 euros do convenio, o departamento autonómico destinará 90.000 euros. Dentro das líñas de actuación previstas cóntase coa instalación dun Punto de Información Turística no aeroporto da capital galega, a edición de 200.000 unidades de guías turísticas informativas de Santiago e Comarca ou a ampliación e actualización da páxina web.

O terceiro convenio que firmou a consellería coa Agatur contempla un orzamento de 43.000 euros, dos cales o departamento aportará un total de 35.000 euros. A edición dunha guía de peto coa información das casas de turismo rural asociadas e a elaboración dun stand propio para as exposicións de promoción turística son os labores estrela deste proxecto.

Asemade, Blanco firmou outros dous convenios para a organización do XXIX Trofeo Príncipe de Asturias que se celebrará en Pontevedra o 15 de Agosto e o III Campionato de España de Profesionales de Club APG que se desenvolve entre os días 26 e 28 de setembro no Balneario de Mondariz. A estas dúas iniciativas a consellería destinará 32.000 euros